Pazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de 84.79.11.8 (conversa); cambiado á última versión feita por CommonsDelinker
Liña 3:
En Galiza chámaselle '''pazo''' a unha [[casa]] tradicional, grande para o seu tempo, residencia de persoas importantes na súa [[comunidade (socioloxía)|comunidade]] (antes, de [[rei]]s ou [[nobreza|nobre]]s). Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e o sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidades de xestión local ao redor dos cales transcorría a vida dos aldeáns. Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase [[fidalguía|fidalga]], que retrataron nas súas novelas escritores coma [[Otero Pedrayo]], [[Emilia Pardo Bazán]] e [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle-Inclán]].
 
Ó pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de [[Foro (contrato)|foros]], que mesmo chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros). Como palabra, pazo (en [[Lingua portuguesa|portugués]]: '''''paço''''') é un [[cognado]] de ''[[palacio]]'', pois procede do latín ''palatiu(m)''. Os pazos de [[GaliciaGaliza]] son un excelente exemplo de [[arquitectura]] civil tradicional, aínda que moitos tamén teñen unha [[capela]] propia para celebracións relixiosas.
 
Os pazos salientan hoxe en día, ademais dende o punto de vista arquitectónico, pola súa [[xardinaxe]], con bos exemplos de formacións de [[buxo común|comúns]] e plantas e árbores senlleiras exóticas coma [[Palmeira (botánica)|palmeira]]s, [[Camelia do Xapón|camelia]]s, etc.