Pentre Ifan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{coord|51.9990|-4.7700|region:GB_type:landmark|format=dms|display=title}} miniatura|dereita|Vista lateral do Dolmen de Pentre Ifan. Ficheiro:D..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de maio de 2014 ás 23:08

Coordenadas: 51°59′56″N 4°46′12″O / 51.9990, -4.7700

Pentre Ifan é o nome dun antigo señorío da parroquia galesa de Nevern, Pembrokeshire. Nel, atópase o maior e mellor preservado dolmen neolítico de Gales.

Vista lateral do Dolmen de Pentre Ifan.
Vista do portal.
Unha posible reconstrución.

Historia

O dolmen data aproximadamente do -3.500 B.C. e, posiblemente, foi empregado como cemiterio comunal. As pedras conservadas forman o portal e a cámara principal da tumba, que orixinalmente puido estar cuberta cunha gran pedra de 36,6 m de longo e 17 m de ancho.[1] Algunhas das pedras foron diseminadas polo lugar, pero sete delas están na súa posición orixinal. A pedra principal mide 5,1 m de longo, cun peso estimado de 16 toneladas, e érguese 2,4 m sobre a superficie do terreo. Está apoiada sobre as puntas de tres piares.

As excavacións arqueolóxicas fixéronse en 1936/1937 e 1958/1959, ámbalas dúas lideradas por William Francis Grimes. O dolmen e conservado por Cadw,[2] a Axencia Galesa de Monumentos Históricos. Está localizado a 17 km de Cardigan.

Notes

  1. "Pentre Ifan". Wondermondo. 
  2. Cadw website

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Cateogría:Historia de Gales