Verea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vilachan (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Arranxo e engado ligazóns
Liña 81:
 
==Historia==
Na [[Serra de Laboreiro|serra do Leboreiro]], na fronteira con [[Portugal]], consérvanse restos [[megalitismo en Galicia|megalíticos]], destacando unha [[necrópole]] de [[mámoa]]s con cámara funeraria. Nas ladeiras do monte Penagache estanse a realizar unha serie de escavacións arqueolóxicas na procura de restos anteriores á [[Romanización de Galicia|romanización]].
 
A [[etimoloxía]] do topónimo '''Verea''' indica que é un lugar de paso. O concello estaba atravesado por unha antiga vía romana de carácter secundario, que saía de ''[[Aquis Querquennis]]'' cara ao norte, entrando polo alto do Vieiro. Porén, para outros autores o topónimo procede de ''Venoriu'', relacionado coas [[Minaría|mina]]s. Outros restos romanos atópanse nun campamento romano coñecido como [[Castro da Cividá|A Cividá]].
 
Preto do campamento atópase a ermida de [[Trocado de Acci|San Trocado]]. Segundo a lenda, recollida por [[Ambrosio de Morales]] na súa obra ''Viaxe Santo'', uns portugueses que roubaran as reliquias de Celanova quedaron paralizados no lugar onde hoxe se levanta a ermida por mor dun milagre de [[Rosendo de Celanova]]. Esta ermida, durante moito tempo esquecida, encóntrase hoxe en vías de restauración.
 
Por riba da vía romana, pasa o [[camiño portugués]] da [[Camiño de Santiago|ruta Xacobea]] que vai por [[Celanova]]. A comezos do século XII o abade de Celanova e o prior dos [[orde do Temple|Templarios]] de Veiga proxectaron a construción conxunta dun hospital para peregrinos.