Partido Republicano Democrático Federal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
lig int
Liña 5:
A súa representación parlamentaria foi de 85 deputados nas [[Cortes]] nas [[Eleccións Xerais 1869 en España|eleccións de 1869]], 52 en [[1871]], 52 en abril do [[1872]] e 77 en agosto do [[1872]].
 
Contaba con numerosos publicacións afíns como os diarios ''El Federalista'', ''[[El Estado Catalán]]'' e ''La Alianza de los Pueblos'' de [[Barcelona]], ''El Ampurdanés'' de [[Figueras (Gerona)|Figueras]], ''El Iris del Pueblo'' de [[Palma]], ''La Igualdad'', ''La Discusión'' ou ''El Pueblo Español'' de [[Madrid]].
 
==Constitución do partido==
O movemento dividiuse en moderados, que supeditaron o partido respecto da representación parlamentaria e buscaron o acordo con outras forzas políticas, e os radicais intransixentes, que se mostraron maioritariamente inclinados cara aos pactos rexionais e á actuación nas rúas ou a insurrección armada. Logo do [[pacto de Tortosa]] de maio do [[1869]] e ante a proliferación de pactos rexionais, Pi i Margall impuxo un ''pacto nacional'' (xuño do 1869), non podendo evitar a insurrección federal de setembro-outubro, promovida especialmente polos intransixentes de Cataluña en contra das quintas.
 
A partir de [[1870]] a hexemonía dentro do partido de Pi i Margall baseouse no mantemento dun difícil equilibrio entre a esquerda e a dereita. A Primeira Asemblea Federal celebrada en Madrid en marzo de [[1870]] significou un importante cambio orgánico, por canto deixou de lado os pactos rexionais como motores organizativos do partido e estableceu cinco membros directivos, en Madrid, formado por Pi i Margall como presidente, [[Emilio Castelar]], [[Estanislao Figueras]], [[José María de Orense|José María de Orense e Barberà]], co propósito de lograr unha maior unidade e eficacia. Con iso, Pi i Margall venceu facilmente o ataque da dereita na Declaración de Prensa do [[7 de maio]] de [[1870]] contra o pactismo e favorable ao unitarismo, pero non puido evitar o agravamento da división interna e a constitución de comités locais republicanos separados, moderados e intransixentes, en [[Barcelona]], [[Valencia - València|Valencia]] e [[Palma]]. Aínda así, Pi foi reelixido presidente nos sucesivos directorios de [[1871]] e de [[1872]], maioritariamente dominados polos moderados.
 
==A Primeira República==