Ponte de Rande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Ligazóns externas: * 20px [http://tv.acciona.es?sig=iLyROoafzX-_ ''Construcción del puente''] Acciona {{Es}}.
Sen resumo de edición
Liña 13:
As obras de construción comezaron no ano [[1973]] e duraron ata o ano [[1977]], aínda que a ponte no estaría aberta ao tráfico ata catro anos despois, debido a que as prolongacións dos accesos a terra non quedaron rematadas ata [[1981]]. O seu custo foi de 3.658 millóns de pesetas da época e o proxecto orixinal é dos enxeñeiros [[Fabrizio de Miranda]], [[Florencio del Pozo]] e [[Alfredo Passaro]].
 
A ponte dispón de tres vans: os laterais de 147,42 metros, e o central de 400,14 metros de luz entre os eixos dos piares centrais. O taboleiro resólvese cunha estrutura metálica atirantada con cables de aceiro, cun ancholargo de 23,46 metros e un canto de 2,46 metros. Os piares centrais son de formigón armado de 118,60 metros de altura. As travesas dos piares principais son de formigón postensado. Para acceder a ponte, conta con dous viadutos de formigón pretensado, de 753 metros no lado sur e 106 metros no lado norte.
 
Con estas dimensións, no momento da súa construción foi unha das pontes cun maior van central do mundo dentro desa tipoloxía concreta de pontes de cables atirantados, e a número un dentro da [[Península Ibérica]]. No ano 2013, na clasificación de pontes desa tipoloxía, era a ponte número 103 do mundo cun maior van central e a segunda de [[España]], por detrás da [[ponte do Enxeñeiro Carlos Fernández Casado]] que cruza o [[encoro de Barrios de Luna]], na [[provincia de León|provincia de León]].