Sempre Xonxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int; formato
Liña 59:
O papel de Xonxa foi interpretado por [[Uxía Blanco]], un papel que a colocaría coma a máis importante actriz do incipiente panorama audiovisual galego. Miguel Ínsua encarnou a Birutas, mentres Xavier R. Lourido fixo de Pancho. Unha das interpretación máis salientables foi a de [[Roberto Vidal Bolaño]] como o mestre da vila. Tamén participaron no filme as actrices [[Aurora Redondo]] e [[Loles León]], así como o fotógrafo [[Manuel Ferrol]] que se interpretou a si mesmo e no cal Piñeiro fixo toda unha homenaxe ós fotógrafos populares que retrataron a Galicia emigrante.
 
A rodaxe de ''Sempre Xonxa'' estivo ateigada de dificultades. Chano Piñeiro esperaba contar co apoio do Ministerio de Cultura, que lle negou ata tres veces a subvención. As dificultades financeiras trabaron a produción e esgotaron a Chano Piñeiro. Só se continuou cando conseguiu o patrocinio da [[Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria|Consellería de Cultura]] da [[Xunta de Galicia]] (dise que grazas á influencia do [[Xosé LuisLuís Barreiro Rivas]], vicepresidente do goberno galego, amigo de Piñeiro e de Forcarei coma el), da [[Deputación de Pontevedra]] e da Comisión do V Centenario da descuberta de América.
 
Con todo, a produción presentaba complexidades que Chano Piñeiro non calibrou axeitadamente. Para empezar, tivo que alongar a rodaxe máis do necesario para poder rodar nas distintas estacións do ano. Ademais, o seu dominio da produción cinematográfica aínda non era o suficiente para afrontar a realización, o cal supuxo máis demoras.