Escocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "eo:Skotlando" é un artigo bo
Liña 83:
 
=== Idade Media ===
[[Ficheiro:HiltonofCadboll01.JPG|miniatura|right|upright|[[Réplica]] da pedra picta [[Hilton of Cadboll Stone]].]]
O [[Pictos|reino dos pictos]] (baseado en [[Fortriu]] no século VI) foi un estado que posteriormente se convertería en "Alba" ou "Escocia". O desenvolvemento de "Pictland", segundo o modelo histórico creado por [[Peter Heather]], foi unha resposta natural ó imperialismo romano.<ref>Peter Heather, "State Formation in Europe in the First Millennium A.D.", in Barbara Crawford (ed.), ''Scot in Dark Ages Europe'', (Aberdeen, 1994), pp. 47–63</ref> Tiveron especial relevancia neste período a [[Batalla de Dunnichen]], o reino de [[Bridei III dos pictos]] (671–693), e o período de consolidación no reino de [[Óengus I|Óengus mac Fergusa]] (732–761).<ref>For instance, [[Alex Woolf]], "The Verturian Hegemony: a mirror in the North", in M. P. Brown & C. A. Farr, (eds.), ''Mercia: an Anglo-Saxon Kingdom in Europe'', (Leicester, 2001), pp. 106–11.</ref>
 
Liña 90:
Dende unha base territorial no leste de Escocia, no norte do [[Río Forth]] e no sur do [[Río Oykel]], o reino conseguiu o control das terras que limitaban ó norte e ó sur. No século XII, os reinos de Alba anexionaran ós seus territorios as terras anglófonas do sueste e conseguiron a soberanía do [[Galloway]] gaélico e do [[Caithness]] nórdico. Cara o final do [[século XIII]], o reino de Escocia tiña aproximadamente as súas fronteiras actuais. Porén, os procesos de cambio cultural e económicos de comezos do século XII garantizarían que Escocia sería moi diferente a finais da Idade Media.
 
A razón deste cambio foi o reinado de [[David I de Escocia|David I]] e a [[Revolución davidiana]]. Grandes transformacións como o [[feudalismo]], a reorganización do goberno e as primeiras vilas legalmente recoñecidas (chamadas "burgos") producíronse neste período. Estas institucións e a inmigración de cabaleiros e cregos franceses e anglo-franceses facilitou a [[osmose]] cultural. Deste xeito, a parte leste do reino orixinal converteuse, ó igual que o adquirido surestesueste, en anglófono, mentres que o resto do país conservou a [[lingua gaélica escocesa]], agás as illas Órcadas e Shetland, que estiveron baixo dominio nórdico ata 1468.<ref>{{cita libro|apelido=Withers|nome=Charles, W.J.|título=Gaelic in Scotland, 1698–1981|editor=John Donald |localización=Edimburgo |ano=1984 |páxinas=16–41; |isbn=978-0-85976-097-3 |authorlink=Charles W. J. Withers}}</ref><ref name=Barrow/><ref>{{cita web |url=http://www.bord-na-gaidhlig.org.uk/about-gaelic/history.html |editor=Bòrd na Gàidhlig |autor=Thomas Owen Clancy |título=Gaelic Scotland: a brief history |dataacceso=21 de setembro de 2007 |archiveurl = https://web.archive.org/web/20070911232223/http://www.bord-na-gaidhlig.org.uk/about-gaelic/history.html <!-- Bot retrieved archive --> |archivedate = 11 de setembro de 2007}}</ref> O estado escocés mantivo un período de estabilidade entre os séculos XII e XIV, nunha relativa paz con Inglaterra. Así mesmo, establecéronse ligazóns culturais e de comercio co continente, e no cumio da súa cultura apareceu [[Duns Scoto]], un dos filósofos máis influíntes e importantes de Europa.
 
[[Ficheiro:Wfm wallace monument cropped.jpg|miniatura|upright|esquerda|O [[MomumentoMonumento Wallace]] na honra de [[William Wallace]], o heroe nacional escocés do século XIII.]]
A morte de [[Alexandre III de Escocia|Alexandre III]] en marzo de 1286, seguida pola da súa neta [[Margarida I de Escocia|Margarida I]], rompeu a liña de sucesión da monarquía escocesa e rematou coa idade dourada de 200 anos de duración que comezara David I. [[Eduardo I de Inglaterra]] foi convidado a arbitrar entre os pretendentes da coroa escocesa, e organizou un proceso coñecido como "Grande causa" para identificar ó reclamante máis lexítimo. [[Xoán I de Escocia|Xoán de Balliol]] foi nomeado rei no gran salón do [[Castelo de Berwick]] o 17 de novembro de 1292, e foi presentado en [[Scone, Escocia|Scone]] o 30 de novembro, o día de [[André Apóstolo|Santo André]]. Eduardo I, que forzara ser recoñecido como "Señor Supremo de Escocia", o señor feudal do reino, minou de xeito constante a autoridade de Xoán.<ref>{{cita web |url=http://www.nationalarchives.gov.uk/utk/scotland/conquered.htm |título=Scotland Conquered, 1174–1296 |editor=National Archives}}</ref> En 1294, Balliol e outros señores escoceses rexeitaron a demanda de Eduardo de servir no seu exército contra os franceses. Pola contra, o [[parlamento escocés]] mandou enviados a Francia para negociar unha alianza. Escocia e Francia selaron un tratado o 23 de outubro de 1295, coñecido como [[Auld Alliance]] (1295–1560). Isto motivou a guerra, e o Rei Xoán foi deposto por Eduardo, quen tomou o control persoal de Escocia. [[Andrew Moray]] e [[William Wallace]] xurdiron como os principais líderes da resistencia contra o dominio inglés no que se converterían nas [[Guerras de independencia de Escocia]] (1296–1328).<ref>{{cita web |url=http://www.nationalarchives.gov.uk/utk/scotland/regained.htm |título=Scotland Regained, 1297–1328 |editor=National Archives of the United Kingdom}}</ref>