Mary Shelley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "MaryShelley.jpg.jpeg" por "MaryShelley.jpg" segundo o ordenou Denniss. Motivo: File renamed: .
Liña 13:
 
=== Proceso do ''Frankenstein'' ===
En maio de 1816, a parella, xunto con Jane (agora Claire) Clairmont, viaxaron ao [[Lago Léman|lago Geneva]] para veranear xunto ao famoso e polémico poeta [[Lord Byron]], cuxo recente romance con Claire deixouna preñada e dalgún modo obsesionada con el. En canto a consideracións literarias, foi un verán moi produtivo. Percy empezou a traballar en 'Hymn To Intellectual Beauty'' e ''Mont Blanc''. Mary, mentres tanto, comezou a traballar na súa propia obra mestra.
 
Obrigados a permanecer dentro de casa pola condicións climáticas do "Ano sen verán" nunha determinada tarde, un grupo de mozos intelectuais e poetas, inspirados polas historias de pantasmas de 'Fantasmagoriana', decidiron montar unha competición de historias fantasmagóricas. A un invitado, o Dr. John Polidori, ocorréuselle ''O Vampiro'', que máis tarde converteríase nunha influencia para o ''[[Drácula]]'' de [[Bram Stoker]].
 
Outros invitados contaron historias igualmente terroríficas, pero Mary sentiuse incapaz de inventar unha. Esa noite, con todo, tivo un [[pesadelo]] no que viu "o pálido estudante de malas artes axeonllado fronte ao ente que acababa de construír.". Decidiuse entón a escribir a historia, que máis tarde se publicaría como ''[[Frankenstein (novela)|Frankenstein]]'' (1818). O seu éxito sobreviviría a moitas das historias daquela noite.
 
Mary incorporara varias fontes ao seu traballo, entre outra o mito de [[Ovidio]]. A influencia da obra de [[John Milton]] ''O paraíso perdido'', é do todo evidente. Mary e Percy eran vexetarianos e acérrimos defensores dos animais. As referencias ao [[vexetarianismo]] son constantes na súa obra. Por exemplo, na súa novela, a criatura era vexetariana.