La 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 59:
La 1 inaugurouse ás 20:30 horas cunha cerimonia relixiosa na que se daba a bendición a televisión pública. Máis tarde producíronse discursos dos directivos da cadea e do ministro [[Gabriel Arias Salgado]] e o remataren comezouse coa emisión de documentais e unhas actuacións musicais.
 
Durante os primeiros anos, La 1 só podía ser vista en [[Madrid]] e os seus arredores, mentres que se traballaba na posta en marcha dunha infraestrutura e repetidores noutras cidades de [[España]]. A súa vez, o horario de emisións estaba reducido á noite, con 3 horas desde os seus inicios e distribuídas desde as nove da noite ata a medianoitemedia noite.
 
No ano [[1957]] iniciouse a emisión de informativos propios baixo a denominación de ''Telediario'' (ata entón a cadea emitía os noticiarios do [[No-Do]]), comezou a emisión de [[publicidade]] e o horario de emisión ampliouse a un horario de sobremesa desde as dúas da tarde, cun peche a metade da tarde. Durante os primeiros anos o goberno de [[Francisco Franco]] continuou coas tarefas de ampliación da cobertura e ampliouse o radio de emisións e de número de receptores na capital. O [[15 de febreiro]] de [[1959]], coa inauguración dos [[Estudos Miramar]], chegou a televisión a [[Barcelona]] e a comezos dos anos [[1960|60]] La 1 comezou a estar dispoñible nas principais capitais de provincias.
Liña 88:
 
== Programación ==
[[Ficheiro:Cuentame.jpg|miniatura|esquerda|250px|Personaxes de ''[[Cuéntame cómo pasó]]''.]]
A programación de La 1 é xeneralista, e está enfocada a todos os públicos. Os programas con máis audiencia da canle son as series de ficción e o cine. Actualmente, a maioría de series en La 1 son españolas, sendo ''[[Cuéntame cómo pasó]]'' e ''[[Águila Roja]]'' as producións con maior audiencia, seguidas da telenovela ''[[Amar en tiempos revueltos]]'' en horario de sobremesa. Con todo, tamén se emiten novelas latinoamericanas e algunhas series estranxeiras, como ''[[The Tudors|Los Tudor]]''. Doutra banda, a maioría de películas da primeira canle son producións que tiveron éxito en cines.