Pío XI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 35:
De ton similar foi o acordo ou [[concordato]] celebrado coa [[Alemaña Nazi]] o [[20 de xullo]] de [[1933]], e que implicou, como o [[Tratado de Letrán]] para [[Italia]], a imposición do [[Código de Dereito Canónico]] en [[Alemaña]] e a desarticulación da intervención en política dos católicos. No caso de [[Alemaña]], o [[Partido de Centro (Alemaña)|Partido do Centro]] do ex chanceler [[Heinrich Brüning]] foi disolto, co que os [[nazis]] ficaron sen oposición legal algunha no seu país.
 
A pesar do seu intransixente [[anticomunismo]], que compartía con quen era un dos seus colaboradores máis próximos, Uxío Pacelli, o futuro [[Pío XII, papa|Pío XII]], cara o final do seu pontificado, en marzo de [[1937]], Pío XI emitiu unha [[encíclica]] coñecida como ''Con candente preocupación'' (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Mit brennender sorge''), en onde se condenaba nunha forma moi tépeda ó réxime [[nazi]]. A pesar do ton moi vago das afirmacións deste documento, [[Adolf Hitler]] ordenou a [[Reinhard Heydrich]], xefe da [[Gestapo]], que incautase e destruíse as copia do mesmo, e as relacións entre a [[Alemaña Nazi]] e o [[Vaticano]] enturbáronse por un tempo.
 
Días despois, outra [[encíclica]], coñecida como ''Divino Redentor'' (en [[latín]]: ''Divini Redemptoris''), condenaba, en termos esta vez máis explícitos, ó [[comunismo]].