Illas Canarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 222:
Só está cultivado o 10% da superficie, sendo de secaño a maioría ([[cebada]], [[trigo]], [[vide]] e [[Pataca|papas]]), e de regadío unha minoría ([[banana|plátano]]s e [[tomate]]s), orientados ao comercio co resto de España e coa [[Unión Europea]]. Aínda que nun primeiro momento Canarias quedou fóra da Unión Aduaneira da [[Comunidade Económica Europea]], este réxime de liberdade comercial imposibilitou a subvención da produción agrícola de tomates e plátanos porque non lle era aplicable a PAC (Política Agraria Común), por iso pediuse e obtivo o cambio a un modelo de integración plena, co establecemento dun arbitrio á importación de mercancía e un [[IVA]] diminuído, o [[Imposto Xeral Indirecto Canario|IGIC]].
 
Entre as especifidadesespecificidades fiscais de Canarias está a [[Reserva para Investimentos en Canarias]] (RIC), que diminúe da base impoñible do [[Imposto de sociedades (España)|Imposto de Sociedades]] (IS) ata o 90% do beneficio non distribuído (80% no caso de profesionais que deben tributar polo [[Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas]] (IRPF) polo importe da dotación á reserva, que debe investirse no prazo de tres anos desde a dotación. Así mesmo, existe unha [[Zona Franca]], denominada [[Zona Especial Canaria]] (ZEC), onde as empresas implantadas tributan ao 4% do IS.
 
Iniciouse tamén a exportación de froitas tropicais ([[Ananas comosus|piñas]], [[Mangifera indica|mangos]] e outros cultivos de invernadoiro) e flores. A gandería, principalmente caprina e bovina, é escasa, tras sufrir un importante retroceso nas últimas décadas. Era a segunda rexión pesqueira de España pero o sector pesqueiro foi a pique logo da ocupación do Sáhara por Marrocos e das duras condicións para faenar nas augas saharauís.
Liña 232:
Canarias constitúe a terceira rexión española que maior número de turistas estranxeiros recibe, por detrás de [[Cataluña]] e [[Baleares]]. Canarias recibe máis de 9,6 millóns de turistas estranxeiros anualmente. Neste aspecto [[Tenerife]], segundo os datos achegados por [[AENA]] é o principal destino turístico nas illas, co 37% do total, séguelle [[Gran Canaria]] cun 31% e logo [[Lanzarote]] e [[Fuerteventura]] cun 16,28% e un 13,30% respectivamente. [[La Palma]] mantense na proporción superando o 1,3%. Os principais turistas que visitan as illas proveñen do norte de Europa, principalmente do [[Reino Unido]] e [[Alemaña]].<ref>[http://www.gobiernodecanarias.org/turismo/viceconsejeria/informes/2009/Informe_diciembre_09.pdf Coyuntura Turística de Canarias no sitio web oficial do Goberno de Canarias]</ref><ref>[http://www2.gobiernodecanarias.org/istac/estadisticas.html Entrada xeral de pasaxeiros aos aeroportos canarios en 2009]</ref><ref>[http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=%2Ft11%2Ftnac%2F&file=pcaxis&L=0&divi=&his= Instituto Nacional de Estadística de España]</ref>
 
As localidades de costa son as que máis turistas reciben, destacan [[Puerto de la Cruz]] e [[Los Cristianos]] en [[Tenerife]], [[Maspalomas]] e [[Playa del Inglés]] en [[Gran Canaria]], así como as principais cidades e o [[Parque Nacional do Teide]]. [[Tenerife]], [[Gran Canaria]], [[Lanzarote]] e [[Fuerteventura]] reciben entre dous e cinco miliónsmillóns de visitantes cada ano, mentrementres que [[La Palma]], [[La Gomera]] e [[El Hierro]] son as illas menos visitadas, con pouco máis de 300.000 cada ano.
 
== Relixión ==