Fonema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
lig int
Liña 33:
*5 nasais, que son sempre sonoros (/m/, /n/, /ŋ/ (n [[velar]]) e /ɲ/ (ñ));
 
* os [[fonema líquido|líquido]]s poden ser [[vibrante]]s (/r/ e /ɾ/ (suave)) ou [[lateral|laterais]] (/l/ e /ʎ/ (en ''fillo'');
 
Na escrita non existe unha correspondencia unívoca entre fonemas e a súa representación, os [[grafema]]s. Por exemplo, os grafemas B e o V correspóndense co mesmo fonema en galego, mais non en portugués. Para evitar esta ambigüidade no valor dos grafemas inventouse o [[Alfabeto Fonético Internacional]] ou AFI (''IPA'' en inglés), se ben aínda existen transcricións que usan o Alfabeto da [[RFE|Revista de Filoloxía Española]] (RFE). No AFI, usado nos parágrafos anteriores, os fonemas deben ir transcritos entre barras e márcase o [[Acento ortográfico|volume acentual]] cun apóstrofo: así ''verquer'' transcribirase /beɾ'keɾ/. Dado que hai moitas menos letras que fonemas (que se transcriben como a súa realización central ou máis prototípica), bótase man de certos signos de todas as linguas do mundo: por exemplo, /x/ representa o fonema fricativo velar xordo que en castelán se escribe "J" e en alemán "CH".