Basilio Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
completo info
Liña 23:
Xa moi determinado na defensa do movemento agrario, Basilio Álvarez emprende en [[1913]] a edición do xornal ''[[El Heraldo Gallego (1913)|El Heraldo Gallego]]'', editado en [[Ourense]] e dirixido por [[Manuel Lustres Rivas]]. As autoridades eclesiásticas reaccionaron de xeito irado contra a publicación e denunciaron a participación do crego en mitins políticos. Finalmente o bispo suspendeu ''a divinis'' a Basilio Álvarez que así abandonaba a parroquia para licenciarse logo en Dereito. A partir deste momento só se dedicou á avogacía, ó xornalismo e á política.
 
En febreiro de [[1918]] dirixiu o efémero xornal ''[[La Raza (Ourense)|La Raza]]'', editado en Ourense por [[Luís Antón del Olmet]] como propaganda da súa candidatura para deputado a Cortes polo distrito de Verín. En xullo de [[1921]] iniciou a máis destacada das súas aventuras xornalísticas coa publicación do xornal ourensán ''[[La Zarpa]]'', que foi o gran diario agrario da época. Colaboraron nel non só os principais líderes agrarios senón tamén a maioría dos escritores galeguistas como [[Castelao]], [[Vicente Risco]], [[Ben-Cho-Shey]], [[Arturo Noguerol]], os irmáns [[Antón Villar Ponte|Antón]] e [[Ramón Villar Ponte]], etc. Acolleu ademais nas súas páxinas a un moi amplo abano de tendencias ideolóxicas dentro do progresismo.
 
Durante o período republicano (1931-1936) perdeu esa amplitude ideolóxica e converteuse en portavoz do propio Basilio Álvarez, deputado polo [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]], e en defensor dos intereses desta formación política.