Pleomorfismo (microbioloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
Nas primeiras décadas do [[século XX]], o termo "pleomorfismo" utilizábase para indicar a idea de que as [[bacteria]]s cambiaban de forma drasticamente ou existían en varias formas morfolóxicas ben diferenciadas. Este idea foi moi controvertida entre os microbiólogos daquel tempo, que se dividiron en dúas escolas: os monomorfistas, que se opoñían a esa idea, e os pleomorfistas (como [[Royal_Rife|Dr. Royal Raymond Rife]], [[Antoine Béchamp]], [[Günther Enderlein]] e [[Albert Calmette]]), que estaban a favor.<ref>{{cite book | title = Disease and class: tuberculosis and the shaping of modern North American society | first = Georgina | last = Feldberg | year = 1995 | publisher = Rutgers University Press | isbn = 978-0-8135-2218-0 | url = http://books.google.com/books?id=QdEsl0f88U4C}}</ref>
 
A teoría monomórfica, apoiada por [[Louis Pasteur]], [[Rudolf Virchow]], [[Ferdinand Cohn]], e [[Robert Koch]], acabou por facerse o [[paradigma (ciencia)|paradigma]] dominante na ciencia médica moderna: hoxe acéptase case universalmente que cada célula bacteriana deriva dunha célula preexistente de practicamente o mesmo tamaño e forma. Porén, encontrouse recentemente que certas especies concretas de bacterias poden modificar a súa forma drasticamente, como por exemplo ''[[Helicobacter pylori]]'', que pode existir tanto como forma helicoidal (clasificado como bacilo curvado ou [[espirilo]]) coma en forma [[coco (bacteria)|cocoide]].<ref name="pmid19453756">{{cite journal |author=Andersen LP, Rasmussen L |title=Helicobacter pylori-coccoid forms and biofilm formation |journal=FEMS Immunology and Medical Microbiology |volume=56 |issue=2 |pages=112–5 |year=2009 |month=July |pmid=19453756 |doi=10.1111/j.1574-695X.2009.00556.x |url=}}</ref>
 
Nas primeiras épocas da microbioloxía era moi difícil obter cultivos puros (dunha soa especie), polo que a maioría dos cultivos eran na práctica mixtos (con varias especies), e conforme ían variando co tempo as condicións do [[medio de cultivo]], o microbio predominante variaba tamén, polo que ao principio predominaba un tipo de microbio e máis tarde outro diferente, o que parecía que era a transformación sufrida por unha soa clase de microorganismo, o que levou naqueles primeiros tempos a moitos microbiólogos a defender o pleomorfismo.<ref>Stanier, Doudorof, Adelberg. Microbiología. 2ª ed. Aguilar. Páxina 20. ISBN 84-03-20256-3</ref> Coa obtención de [[axénico|cultivos puros]] o monomorfismo foi facéndose cada vez máis predominante.