Manuel Córdoba: Diferenzas entre revisións

futbolista galego
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Córdoba''' foi un futbolista galego de comezos do Século XX que xogaba na demarcación de centrocampista. ==Traxectoria== Córdoba xa xogaba no Real Club Fo..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de xuño de 2013 ás 08:49

Córdoba foi un futbolista galego de comezos do Século XX que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

Córdoba xa xogaba no Real Club Fortuna de Vigo antes da fusión deste co Real Vigo Sporting Club en agosto de 1923 para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo, pasando a formar parte da plantilla deste. O plantel céltico era tan extenso, 64 xogadores, que se tiveron que facer dous equipos que puideran facer viaxes polo Estado alternativamente, Córdoba sería o capitán do equipo B xunto a Juanito Clemente.

Este sistema de dous equipos funcionou durante os numerosos amigabeis que disputou o Celta de cara a seleccionar os xogadores que formarían parte do equipo que xogaría competicións oficiais, este labor cumpliuna o técnico inglés Francis Cuggy. Finalmente Córdoba non entraría no equipo titular a causa da gran competencia dos Queralt, Hermida, Máximo Costas ou Jacobo Torres.

Finalmente retirouse ao rematar a tempada 1923/24.

Modelo:Primeira Plantilla do Celta de Vigo

Véxase tamén

Ligazóns externas

Artigo no blogue fameceleste.blogspot.com.es (en castelán)