Abrir o menú principal

Máximo Costas foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Máximo Costas
Información persoal
Nacionalidade España

TraxectoriaEditar

Comezou xogando en equipos menores da cidade de Vigo como o Alfonso XIII ou o Suevia xunto a outros futuros xogadores do Celta como Caride ou Reigosa.

Finalmente destacou militando nas filas do Rápido de Bouzas e pasou a ser reserva no Real Club Fortuna de Vigo disputando tamén algún encontro co Real Vigo Sporting Club, na xira que fixo este equipo polas Illas Canarias.

A partir de 1923 trala fusión do Vigo Sporting e o Fortuna pasou a formar parte do cadro de xogadores do Celta de Vigo, co que disputou gran cantidade de encontros amigábeis por todo o Estado español e Portugal, porén so dous encontros oficiais. O debut en partido oficial foi o 2 de decembro de 1923 ante o Racing de Ferrol no Campionato de Galicia de fútbol, ao atoparse o equipo titular de xira en Valencia segundo recolle a prensa da época.

Militou no Celta ata 1926 cando decide emigrar á Habana, xa comprometido para xogar no equipo do Centro Galego.

Despois de regresar da emigración aínda lle daría tempo a xogar no Club Ciosvín de Vigo.

Véxase taménEditar