Gilles Deleuze: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 5:
Estudou filosofía con [[Ferdinand Alquié]], [[Georges Canguilhem]], [[Maurice Merleau-Ponty|Merleau-Ponty]], [[Maurice de Gandillac]] e [[Jean Hyppolite]] na [[Sorbona]]. Exerceu como profesor de filosofía en varias cidades de provincia e posteriormente simultaneou a súa docencia en [[París]] e [[Lyon]].
 
Dende [[1969]] foi profesor de filosofía na [[Universidade París VIII]] - [[Vincennes]], ata a súa xubilación en [[1987]], data na que pasou a ser profesor emérito. Unha das súas últimas actividades foi a de colaborar coa cadea de televisión ARTE narrando a a súa visión do mundo a partir do [[abecedario]]. Afectado por unha grave insuficiencia respiratoria, suicidouse o sábado 4 de novembro de [[1995]] lanzándose pola fiestra do seu apartamento da avenida de Niel en [[París]]. Esta tráxica morte súmase á de [[Michel Foucault|Foucault]] (que morreu en [[1984]] por mor da [[SIDA]]), aos suicidios de [[Guy Debord]] e [[Nikos Poulantzas]] e á morte de [[Louis Althusser|Althusser]] (en [[1990]], ingresado nun psiquiátrico despois de ter asasinado á súa muller), e pecha un sombrío destino da denominada escola de París dos anos 60-80.
 
==Pensamento==
Liña 14:
En lugar da negación da negación, Deleuze, seguindo a crítica nietzscheana ao hegelianismo, sustenta a afirmación da afirmación. Por iso a filosofía non pode limitarse a ser crítica, senón que ten que ser creadora de valores novos, e efectuar aquela tarefa de pensar o non pensado, así como pensar as bases da aparición do privilexio metafísico do ser entendido como identidade, e o privilexio do suxeito. Se na demolición do dualismo de raíz platónica Deleuze se inspira en Nietzsche, a posta en cuestión do principio de identidade e do papel do suxeito inspírase nos seus estudos sobre o empirismo de Hume (que, á súa vez, é un dos puntos de partida de la filosofía de Bergson).
 
Deleuze mostra que o que aparece trala subxetividadesubxectividade non é a antiga noción do '''ser''', senón a diferenza; o ser como '''diferenza''', o ser como [[tempo]]. O tema da [[Identidade de xénero|diferenza]] é o núcleo do pensamento de Deleuze, quen considera que a noción imperante de subxectividade e de identidade é a que imposibilitou o pensamento da diferenza. A elaboración dun pensamento da diferenza, non subordinado á identidade, implica unha relectura da historia da filosofía xa que, segundo Deleuze, en filósofos tales como Lucrecio, Spinoza, [[Leibniz]], Hume, Kant, Nietzsche e Bergson; en literatos como [[Marcel Proust|Proust]], [[Leopold von Sacher-Masoch|Sacher-Masoch]] ou [[Franz Kafka|Kafka]]; en determinados aspectos da noción psicolóxica de inconsciente e en pintores como [[Francis Bacon (artista)|Bacon]], defínense implícita ou explicitamente aspectos clave do ámbito da pre-subxetividade (a duración bergsoniana, por exemplo, que é constitutiva do suxeito). De aí a serie de estudos monográficos que Deleuze elabora sobre os autores mencionados. Así, por exemplo, analiza a filosofía de Hume e con el pregúntase ¿como é posíbel que a partir do dado poida construírse o suxeito? Como Hume, considera que son os [[hábitos]] quen o constitúen pero, entón, son estes os que nos teñen a nós e non nós a eles. En lugar dunha teoría do que facemos debe elaborarse unha teoría do que nos fai. Como Bergson, afirmará que todo [[ser vivo|organismo]] é un conxunto de contraccións, retencións e esperas; un [[plegue]] da materia-imaxe, do tempo-duración, plegue que aparece como diferenza.
 
A filosofía do ser e do suxeito baseada no ocultamento da diferenza considerou dous tipos de diferenzas:
Liña 29:
En ''Diferenza e repetición'' Deleuze aborda a cuádrupla raíz da representación: a [[Identidade de xénero|identidade]], a [[analoxía]], a [[oposición]] e a [[semellanza]], e o panorama ontolóxico que xorde deste estudo non é xa o dun mundo poboado por suxeitos ou obxectos, senón por singularidades libres, asubxectivas e preindividuais; intensidades virtuais bergsonianas, esencias espinozianas e forzas nietzscheanas.
 
En ''O Antiedipo'' (1972), escrito en colaboración co ex psiquiatra [[Félix Guattari]], estuda outra das condicións da pre-subxectividade, a noción de [[inconsciente]], e aborda a relación da [[psicanálise]] coa política e a historia. Nesta obra afírmase que a psicanálise, en tanto que se sustenta nun modelo familiar tradicional (o que se manifesta na mesma importancia outorgada ao complexo de Edipo), non é máis ca un instrumento de [[represión]], entre outros, incapaz de comprender a realidade do [[atracción sexual|desexo]] individual, que Deleuze e Guattari mostran multiforme, creador e imposible de canalizar. De feito a mesma noción do [[complexo de Edipo]] é, segundo Deleuze-Guattari, unha manifestación daquela noción viciada da repetición: é o desexo actual do suxeito como repetición alienada dunha catexis orixinaria que o segue atando á nai e institúe o desexo como negatividade, de maneira que todo desexo ulterior será concibido como unha repetición imperfecta daquel primeiro desexo orixinario. En contra disto Deleuze e Guattari sustentan o carácter plenamente afirmativo do desexo, e sinalan que as repeticións non son reprodución de ningunha relación orixinaria fundante: non hai repetición dun primeiro termo. Por iso, contrariamente ás análises clásicas que insisten na relación do desexo coa carencia (esta é a interpretación de [[Platón]] en ''[[O Banquetebanquete]]'' e [[Freud]] en ''O complexo de Edipo''), Deleuze preséntao como orientado, de feito, cara á produción e articulación de solucións inéditas: desexar é transgredir as normas e facer aflorar fluxos profundos. Por outra parte, non é o desexo o que se convirteconverte en necesidade, é todo o contrario: son as necesidades as que se converten en desexo.
 
En ''Mil mesetas'' (1980, segundo tomo de ''Capitalismo e esquizofrenia'', obra da cal ''O Antiedipo'' é a primeira parte), prolóngase esta concepción do desexo e da '''máquina desexante''', o estudo das estruturas lisas e estriadas do espazo, diríxese fundamentalmente ás súas consecuencias políticas.
 
==Obras==
* ''Empirismo e subxetividadesubxectividade'' (1953).
* ''Nietzsche e a filosofía'' (1962).
* ''A filosofía crítica de Kant'' (1963).
Liña 81:
 
{{ORDENAR:Deleuze, Gilles}}
[[Categoría:Personalidades de Francia]]
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
[[Categoría:Nados en París]]
[[Categoría:Nados en 1925]]
[[Categoría:Finados en 1995]]
[[Categoría:Personalidades de Francia]]
[[Categoría:Nados en París]]