Manuel García Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1876 mediante HotCat
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 5:
Nacido nunha familia labrega, Manuel García Barros comezou sendo pastor e torneiro e estudou por libre a carreira de [[maxisterio]] en Santiago, que rematou en [[1905]], para ocupar a praza de mestre de primeiro ensino na parroquia de [[Rubín, A Estrada|Rubín]] (A Estrada). No ano [[1906]] casou en [[Callobre, A Estrada|Callobre]] (A Estrada), onde viviu o resto da súa vida.
 
Xa en 1903, cando estaba a realizar o [[servizo militar]] en [[Vigo]], comezou a colaborar en revistas e a tomar contacto cos movementos culturais da [[cidade olívica]], moi especialmente co teatro. No ano [[1907]], e por mor do seu labor como director do xornal ''[[El Estradense]]'', pasou por primeira vez na súa vida pola cadea, feito que se volveu a repetir no ano seguinte.
 
Os seus contactos e simpatía cos [[agrarismo|movementos agrarios]] de comezos de século son moi salientábeis así coma cos membros das [[Irmandades da Fala]] e posteriormente co [[Grupo Nós]], moi especialmente co seu grande amigo e soporte cultural [[Ramón Otero Pedrayo]]. Xa a partir do [[1920]] pasou a ser un persoeiro recoñecido nas nosas letras e no [[Galeguismo (política)|galeguismo]], canto máis ao ser un dos “alma mater” do xornal ''[[El Emigrado]]'', que foi o xornal de maior duración da Estrada ata hoxe, e no que colaborou con todo tipo de traballos. Neste último xornal escribía unha sección, baixo o nome de ''Rexoubas'', na que promoveu unha afamada campaña contra o [[caciquismo]].