Gasterópodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 100:
* '''[[Recto]]''' e o '''[[Ano (anatomía)|ano]]'''.
 
As dúas características máis distintivas do aparello dixestivo destes animais son: a '''[[rádula]]''' e o papel que desenvolve en cada tipo de [[alimentación]] específica, e a torsión que se produciu no animal que fai que o [[Ano (anatomía)|ano]] se atope xusto enriba da [[cabeza]]. As adaptacións son moi variadas e son dende arpóns, branquias para a filtración, redes de [[mucus]] para atrapar presas, ou estruturas para a perforación ou altamente modificadas para o [[parasitismo]]<ref>Barnes Robert D. ''Invertebrate Zoology'' (1982) Ed. Holt-Saunders International (Filadelfia) 348–364 [[ISBN|ISBN 0-03-056747-5]]</ref>.
 
A parte anterior do tubo dixestivo pode modificarse nunha probóscide extensible que contén a rádula. A rádula é unha cinta dentada de [[quitina]] que serve para raspar ou cortar os alimentos e así facilitar a súa entrada no esófago.
 
[[Ficheiro:Gastropod_nervous_system.gif|dereita|miniatura|Estrutura xeral dos ganglios dun gasterópodo. Na maioría das especies, o cerebro fúndese nun só órgano, de seis lóbulos. {{en}}]]
 
==== Sistema nervioso ====
O [[sistema nervioso]] está ben desenvolvido. Conta con un ''anel periesofáxico'' no que hai 3 pares de [[ganglio]]s conectados por cordóns nerviosos principais e con pequenos [[nervio]]s periféricos ramificados. Os ganglios da área cerebral son os seguintes: