Antioxidante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 54 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q133948
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
Aínda que os [[epidemioloxía|estudos epidemiolóxicos]] indican que a inxesta de alimentos ricos en antioxidantes diminúe o risco de certas enfermidades, estes non modifican o deterioro normal do avellentamento, nin fan que vivamos máis anos. Por outro lado, demostrouse que a suplementación a altas doses con preparados de antioxidantes incluso pode resultar prexudicial.
 
Cada vez existe máis información sobre os beneficios dos antioxidantes polo que se debe promocionar o seu consumo a través dos alimentos que os conteñen de xeito natural, pero aínda que todavía é cedo para saber se convén ou non a suplementación diaria, xa que polo momento se descoñece cales son as doses axeitadas. Con toda a información dispoñibél, o máis aconsellable é levar a cabo unha alimentación variada e equilibrada como a [[dieta mediterránea]], na que non falten os vexetais, sen abusar por tanto na nosa dieta, nin dos suplementos nin dos alimentos enriquecidos en ditas sustancias.
 
Algúns antioxidantes empréganse como aditivos [[conservante]]s nos alimentos.