Torre de Bermúdez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
coordenadas
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: *salazón -> salgadura
Liña 10:
O edificio estivo logo vinculado á familia de [[Ramón María del Valle-Inclán]], xa que serían os seus pais [[Ramón del Valle-Inclán Bermúdez de Castro]] e Dona Dolores de la Peña y Montenegro os derradeiros residentes.
 
En 1898, o matrimonio véndelle o inmoble ao empresario Manuel Lojo, que este pasará a utilizar dende aquela como almacén de salazónsalgadura, causando á construción importantes danos patrimoniais.
 
Durante esa época, Valle-Inclán solicítalle a [[Afonso XIII]] a recuperación da torre que fora propiedade dos seus pais, así como a concesión dun título nobiliario de acordo coa súa liñaxe, aínda que se lle verían frustradas ambas as dúas ambicións.
Liña 16:
Máis tarde, o seu amigo [[Victoriano García Martí]], escritor pobrense, mobiliza aos coñecidos de Valle<ref>[http://books.google.es/books?id=wEHMT_AvZbQC&pg=PA589&dq=torre+berm%C3%BAdez&hl=en&ei=cx-ETb-iB8iAhQeQ_Ly1BA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=6&ved=0CEIQ6AEwBQ#v=onepage&q=torre%20berm%C3%BAdez&f=false]VV.AA.: "Todo Valle-Inclan en Roma (1933-1936)". Universidad de Santiago de Compostela</ref> para facerse coa torre e así regalarlle ao dramaturgo "una noble mansión que en la paz de una vieja villa marinera o en elevada crestería de un suave paisaje virgiliano, pregone con el airón de su torre la gloria de este gran señor de las letras..." De novo, este desexo non se fixo realidade.
 
Coa crise que supuxo a escaseza de sardiña, a industria de salazónsalgadura do concello arruinouse, facendo que o antigo pazo deixase de ser un almacén para converterse nunhas meras ruínas.
 
Finalmente, en 1981 o inmoble pasou a ser propiedade do Concello da Pobra do Caramiñal, que o restauraría e convertería na actual sede do [[Museo Valle-Inclán]], primeiro museo integramente adicado ao escritor galego.
Liña 36:
 
==Uso actual==
Logo de quedar atrás o seu pasado como vivenda particular e a súa posterior utilización como almacén de salazónsalgadura, o conxunto alberga desde 1987 a sede do Museo Valle-Inclán, onde se mostran, entre outras cousas, as primeiras edicións das obras do escritor, algúns enseres e cartas persoais do dramaturgo e todo tipo de elementos relacionados coa súa vida e obra, tales como vestiario orixinal utilizado na representación dalgunha das súas obras teatrais.
 
A planta superior do edificio contiguo moderno conta actualmente cun auditorio público.