Megasa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Empresas do grupo: engadida foto
→‎Historia: ligazón interna
Liña 31:
En 1943 ao negocio incorpóranse os seus irmáns Xosé e Fernando cos que funda Freire Hermanos, S.L. Para fabricar parafusos, torcas, remaches e outros produtos metálicos cun novo forno de fundición de chatarra.
En 1949 a empresa xa entón cuns sesenta traballadores pasa a ser unha sociedade anónima. En 1953 “Freire Hermanos” adícase exclusivamente a almacén de ferralla. A fabricación de parafusos e relaminación de ferros pasa a charmarse Metalúrgica Galaica, S.A. (MEGASA). A nova empresa será unha fundición de aceiro en forno eléctrico para a elaboración de aceiro para laminación.
En 1959 Megasa merca Ferrerías de Arcade, S.A. fundición situada ao fondo da ría de Vigo, próxima á desembocadura do [[río Verdugo]]. A fundición tiña un forno eléctrico e un tren de laminación de perfiles e chapas.
 
O elevado consumo de electricidade do forno eléctrico e a falta de subministración local fai que os irmáns Freire decidan a construción dunha central hidroeléctrica. A central eléctrica de Ferrerías (Valdoviño) para abastecer MEGASA constrúese no río das Forcadas. A construción en 1965 do [[encoro das Forcadas]] leva ao peche da central ata que en 1980 faise cargo dela outra empresa<ref>[http://www.asociacionbuxa.com/2009/02/central-hidroelectrica-de-las-forcadas/ Central Hidroeléctrica de Las Forcadas Asociación Galega de Patrimonio Industrial Buxa]</ref>.