Lockheed Constellation: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 26:
A súa primeira versión civil, o L-049 Constellation, entrou en servizo en [[1946]], despois de rematada a guerra, coas aeroliñas estadounidenses [[TWA]], que financiou grande parte do seu desenvolvimento, e [[Pan Am]], a cal realizou os primeiros servizos trasatlánticos co Constellation. Este modelo inicial tiña unha capacidade de entre 43 e 60 pasaxeiros. Versións posteriores, o L-649 e o L-749, tiveron unha capacidade de pasaxe, unha potencia e unha autonomía maiores, e a partires delas desenvolveuse o L-1049 Super Constellation.
 
O Super Constellation tiña unha fuselaxe máis longa e entrouo seu prototipo (o mesmo prototipo do C-69 transformado) realizou o seu primeiro vóo o [[13 de outubro]] de [[1950]]. Entrou en servizo en [[1951]] coa aeroliña Easter Airlines. Desta variante tamén foron surxindo novas versións entre as que destacaron a L-1049G ''Super G'' con novos motores e tanques de combustible nas puntas das ás; a L-1049H que podía facer a función de cargueiro ou transporte de pasaxeiros cunha capacidade de ata 109 prazas; e o último desenrolo do Constellation, o L-1649A Starliner, que foi posto en vóo en [[1956]] e tiña un novo deseño das ás, unha maior lonxitude e máis capacidade de combustible, o que lle permitía facer vóos trasatlánticos sen escalas.
 
O Constellation tivo tamén varias versións militares. Aparte do C-69 inicial a Forza Aérea dos [[Estados Unidos]] pedíu en [[1948]] dez L-749 aos que chamou C-121A e VC-121B. Os pedidos posterires, que tamén foron denomnados C-121, foron todos Super Constellation normais. A Armada dese país tivo tamén Super Constellation, que foron usados como transportes (algúns deles fixeron tamén tarefas meteorolóxicas) e como alerta temprana aerotransportada, estes últimos bautizados como Warning Star.
 
[[Category:Aviación civil]]