Célula G: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16:
A gastrina únese a receptores B de [[colecistoquinina]] da superficie celular das células similares ás enterocromafíns ou células ECL, estimulándoas para que liberen [[histamina]]. <ref>{{Cita libro| edición = 11| editor = Elsevier Saunders| isbn = 0721602401| páxinas = 797| autor = Arthur C. Guyton, John E. Hall| título = Textbook of Medical Physiology| location = Philadelphia| ano = 2006}}</ref>
 
A gastrina tamén estimula as [[célula parietal|células parietais]] ou oxínticas facendo que incrementen o bombeo as ATPases de K<sup>+</sup>/H<sup>+</sup> da membrana celular. Isto faino a célula G de dúas maneiras: de forma indirecta incrementando a cantidade de histamina (liberada polas células ECL), e por estimulación directa pola gastrina, o que causa que a célula parietal incremente a [[secreción]] de [[ácido clorhídrico]] ao estómago ata en 8 veces.
 
A gastrina ten outras funcións adicionais na regulación do aparato dixestivo, xa que inflúe nas [[célula principal|células principais]], na liberación de [[bile]], e secrecións pancreáticas e sobre os esfínteres e músculo liso gástrico.