O Gaiteiro de Lugo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O '''Gaiteiro de Lugo''' é un calendario agrícola de periodicidade anual que se publica cidade de Lugo desde 1857, inda que primeiro recibiu o nome de '''Calendario de Ga...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de decembro de 2006 ás 22:23

O Gaiteiro de Lugo é un calendario agrícola de periodicidade anual que se publica cidade de Lugo desde 1857, inda que primeiro recibiu o nome de Calendario de Galicia e máis adiante Calendario Gallego, non foi ata 1927 cando adoptou a actual cabeceira.

Fundouno Manuel Soto Freire e logo en 1889 pasou a mans de Gerardo Castro, continuando a súa publicación o seu fillo, de igual nome. Os primeiros números era case exclusivamente en castelán agás as colaboracións literarias, progresivamente foi aumentando a presenza do galego na publicación e a partir de 1936 por iniciativa de Xosé Filgueira Valverde publicouse integramente en galego, mantendo o monolingüismo durante todo do franquismo. En 1963 Gerardo Castro vendeu o calendario a La Región que o seguiu publicando ata 1973, en 1996 a deputación de Lugo decidiu retomar a súa publicación. Publicación moi popular entre os labregos galegos durante o franquismo chegou a vender 50.000 exemplares. Antonio Noriega Varela foi un colaborador habitual.