Pentateuco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 25:
O libro comeza cos israelitas convertidos en escravos dos exipcios. Un neno israelita, [[Moisés]] é confiado ao río para protexelo da lei de [[Faraón]]. Aporfillado por unha princesa exipcia, chega a ser un persoeiro importante da corte ata que, xa adulto, descobre a súa auténtica orixe. Exiliado por orde de Faraón, Deus móstraselle no [[Sinaí]] e o envía como liberador do seu pobo.
 
Convertido en profeta, Moisés volta a Exipto e esixe a Faraón a liberdade do seu pobo. Ante a negativa deste, Deus por mediación de Moisés envía dez pragas que asolan Exipto, ata que Faraón cede e os deixa marchar ceibes. Cando máis tarde o rei exipcio os persegue para castigalos, Moisés abre o [[Mar RoxoVermello]] para que o pobo poida fuxir a pé seco, cando o pecha de novo todo o exercito de Faraón morre afogado.
 
A través do deserto chega todo o pobo ao monte Sinaí. Alí Deus fai alianza co seu pobo e lle entrega a Moisés a lei pola que se rexerá Israel e as táboas dos [[Dez Mandamentos]]. Pero, namentres, o pobo faise un becerro de ouro ao que adoran, ao baixar do monte, Moisés destrúe o ídolo e Deus castiga aos que o adoraron.
 
O libro remata coa construción da tenda[[Tenda do encontro]] e da [[Arca da Alianza]], lugar da presenza de Deus no medio de seu pobo.
 
=== Levítico ===