Jon Morgan Searle: Diferenzas entre revisións

xornalista británico
Contido eliminado Contido engadido
Artigo novo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2012 ás 23:32

Jon Morgan Searle (22 de xuño de 1930 - 13 de Marzo de 2012) foi un xornalista xibraltareño e editor do Gibraltar Chronicle. Tamén foi correspondente da axencia de noticias Reuters e do The Times de Londres.

Infotaula de personaJon Morgan Searle
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1930
Buckfast, Devon
Morte13 de Marzo de 2012
Xibraltar
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
EducaciónUniversidade McGill (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLina Searle
FillosDominique Searle Editar o valor em Wikidata

Biografía

Jon Searle naceu en Buckfast, Devon, o 22 de xuño de 1930. Na súa infancia, mudouse para o Canadá despois da morte de súa nai, e foi creado por amigos da familia. Formouse en artes plásticas na Universidade McGill, en Quebec, antes de regresar ao Reino Unido, onde serviu no Royal Army Educational Corps.[1]

Durante o servizo militar, foi enviado a Xibraltar, por primeira vez, onde ensinou arte e coñeceu a súa futura esposa, Lina. A parella volveu a Inglaterra, onde Lina estudou fisioterapia en Manchester e Jon graduouse en socioloxía en Liverpool. Despois de completar os seus estudos, a parella viviu por algún tempo en Coventry, antes de regresar a Xibraltar.[1]

No Peñón, Searle traballou como oficial de xustiza e profesor na Escola St. Jago, en finais dos anos 1950. Neste momento, apareceu unha oportunidade para integrar o equipo de xornalistas do Gibraltar Chronicle, e en 1966, Searle converteuse en editor do xornal, cargo que ocupou ata 1986. Durante este tempo el tamén foi correspondente da Reuters e The Times de Londres, informando sobre Xibraltar e toda a rexión.[1]

Searle tamén actuou como secretario da Biblioteca Garrison por moitos anos. O seu fillo, Dominique tamén se fixo editor do Chronicle en 1996.[2]

Jon Searle morreu o 13 de marzo de 2012.[1]

Autobiografía

  • Song for a new life[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gibraltar Chronicle, ed. (2012-03-14). "Former Chronicle editor dies" (en inglés). Consultado o 30-09-2012. 
  2. Gibraltar Chronicle (ed.). "Previous Editors" (en inglés). Consultado o 30-09-2012. 
  3. This is Devon, ed. (05-05-2012). "Buckfast boy cast adrift by WWII" (en inglés). Consultado o 30-09-2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas