Alantoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
==Desenvolvemento nos humanos==
A [[cloaca]] primitiva do embrión atópase en ampla comunicación coa alantoide. Entre a 4ª e a 7ª semana do desenvolvemento humano, a cloaca divídese nunha porción posterior ou conduto anorrectal, e unha porción anterior ou seo uroxenital primitivo. Esta separación débese ao crecemento dunha crista mesodérmica transversal que nace do ángulo que forman o alantoide e o intestino posterior. No seo uroxenital distínguense dúas partes. A superior e máis voluminosa é a futura [[vexiga urinaria]], en comunicación co alantoide, que quedará reducida a un conduto obliterado desde o vértice da vexiga definitiva, o ''uraco'' ou, tamén denominado, ligamento umbilical medio. A parte máis caudal e de menor tamaño, de configuración pseudotubular e denominada porción pélvica do seo uroxenital, formará a [[uretra]] feminina e no home as porcións [[próstata|prostática]] e membranosa da uretra.
 
[[Categoría:Fisioloxía]]