Eagles of Death Metal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
}}
'''Eagles of Death Metal''' é unha banda estadounidense de garage rock formada por [[Jesse Hughes]] e [[Josh Homme]]. A pesares de que Hughes é o líder da banda, Homme é o membro máis coñecido dos dous por ser o líder de [[Queens of the Stone Age]] e membro da desaparecida banda [[Kyuss]].
 
==Biografía==
Eagles of Death Metal formouse en [[Palm Desert]], [[California]] en [[1998]] e a súa primeira aparición foi en ''[[The Desert Sessions|The Desert Sessions Volumes 3 & 4]]'' de [[Josh Homme]], editadas ese ano. Durante os seguintes anos Homme non puido traballar moito na banda debido ao éxito do seu outro grupo, [[Queens of the Stone Age]]. Sen embargo, a banda finalmente editou un álbum o [[23 de marzo]] de [[2004]]: ''Peace, Love, Death Metal''.
 
O álbum de debut tivo un relatico éxito, aparecendo algunhas das súas cancións en varios anuncios de televisión nos [[Estados Unidos]] e en trailers de películas. A primeira canción do álbum, "I Only Want You", foi aparece tamén no xogo de [[PlayStation 2]] ''[[Gran Turismo 4]]''.
 
A banda editou o [[11 de abril]] de [2006]] o seu segundo álbum. Durante a primeira metade dese ano estiveron xirando como apoio de [[The Strokes]] e como cabezas de cartel da súa propia xira coa banda The Giraffes como teloneiros, ao que seguiron máis datas como teloneiros para Peaches. Dende entón, tocaron con [[Joan Jett]] e recentemente sairon de xira con [[Guns N' Roses]]. No seu primeiro concerto con Guns N' Roses, en [[Cleveland, Ohio]] o [[24 de novembro]] de [[2006]], a banda non foi ben recibida pola multitude. Cando [[Axl Rose]] saíu ao escenario, preguntoulle á multitude se desfrutaran con "The Pigeons of Shit Metal", e dixo que este sería o último concerto que farían con Guns N' Roses.
 
==Discografía==