Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nova sección: →‎Grazas!
Liña 304:
==Cadea alimentaria==
Non, nunca falaramos disto antes. Puf! Non sei que contestarche. Ao concepto ao que se refiren as dúas palabras é case o mesmo e é unha cuestión de matiz. Alimenticio refírese á nutrición, e alimentario refírese aos alimentos, pero tamén á alimentación (que é o sector da alimentación pero tamén podería ser a nutrición), co cal se solapan un pouco. Para as cadeas de produción dos alimentos na industria alimentaria terá que ser alimentario. Para a alimentación dos seres vivos nos ecosistemas as '''cadeas tróficas''' (do grego trophe, alimentación) o máis apropiado paréceme dicir cadea alimenticia, que é o que normalmente se ve usado (cadea trófica é o máis usado), pero alimentaria tamén se ve ás veces por aí usada neste contexto, o cal non quere dicir que sexa correcto. Os portugueses dicen cadeia alimentar ou trófica, e para eles o adxectivo alimentar tanto significa alimentario como alimenticio, a pesar de que tamén teñen a palabra alimentício. En resumo, eu non o teño nada claro á hora de modificar ou borrar, polo que sinto non ser de moita axuda. Pero se teño que usar eu a palabra usaría cadea alimenticia ou trófica.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 20:45, 8 de setembro de 2012 (UTC)
 
== Grazas! ==
 
Moitas grazas pola traducción. Saludos desde Hungría. --[[Usuario:El Mexicano|El Mexicano]] ([[Conversa usuario:El Mexicano|conversa]]) 20:48, 8 de setembro de 2012 (UTC)