Vesícula seminal: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 30:
Un exaculado máis ácido (pH <7,2) pode estar asociado cunha obstrución do conduto exaculador. A vesícula produce unha substancia que causa que o seme se faga pegañento e xelatinoso despois da exaculación, o que se pensa que é útil para manter o seme preto do útero.
As secrecións das vesículas seminais conteñen [[proteína]]s, [[encima]]s, [[frutosa]], [[mucus]], [[vitamina C]], [[flavina]], [[fosforilcolina]] e [[prostaglandina]]s. As altas concentracións de frutosa proporcionan un nutriente enerxético aos espermatozoides cando se almacena seme nos laboratorios. Os espermatozoides exaculados na vaxina non teñen moita probabilidade de ter contacto co fluído das vesículas seminais porque son transferidos directamente polo fluído prostático ao
Os estudos in vitro mostraron que os [[espermatozoide]]s expulsados xunto co fluído das vesículas seminais tiñan pouca mobilidade e supervivencia, e a [[cromatina]] dos espermatozoides estaba menos protexida. Por tanto, a importancia fisiolóxica do fluído seminal non está clara. Nalgúns animais, como os roedores, a secreción forma unha especie de tapa espermicida, que reduce as posibilidades de fertilización do esperma doutros machos que se apareen despois.
|