Jacques Lacan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1901 mediante HotCat
Xas (conversa | contribucións)
ordeno cat
Liña 5:
Partindo das teses de [[Sigmund Freud|Freud]] chegou a ser un dos máis influentes psicanalistas do século. Baixo a consigna dun retorno a Freud, revisou os conceptos psicanalíticos a través do [[estruturalismo]] e a [[lingüística]]. Así mesmo, foron moi importantes para as súas conceptualizacións teóricas as lecturas de [[Edmund Husserl|Husserl]], [[Nietzsche]], [[Hegel]] e [[Heidegger]].
 
== Traxectoria ==
Jacques Lacan proviña da [[burguesía]] media [[Catolicismo|católica]] e ben pensante. Despois de estudar no colexio Stanislas, Lacan rompeu co catolicismo. Aos 16 anos admiraba a ''Ética'' de [[Spinoza]]. Un ano máis tarde fíxose nietzscheano, e despois, durante algún tempo, fascinouno [[Charles Maurras]], de quen adoptou o esteticismo e o gusto pola lingua. Finalmente interesouse pola vangarda [[Literatura|literaria]]. O seu pai desexaba que o sucedera nos negocios e lle dera un impulso decisivo ao comercio de [[mostaza]]; non comprendía nin aprobaba a súa evolución.
 
Liña 32:
Afectado dos trastornos [[Cerebro|cerebrais]] e unha [[afasia]] parcial, Lacan morreu na clínica Hartmann de [[Neuilly]], despois da ablación dun [[tumor]] maligno de [[colon]].
 
== Pensamento ==
Reintroduciu na psicanálise o pensamento filosófico alemán do que Sigmmund Freud se tiña distanciado voluntariamente. Esta poderosa contribución fixo de Lacan o único verdadeiro mestre da psicanálise en Francia. Un dos obxectivos fundamentais da súa obra foi estimular a produción dun saber onde tivesen cabida outras disciplinas, abrir o círculo pechado no que a psicanálise caera. Desa forma renova o debate que Freud sempre estimulou cos intelectuais do seu tempo, debate que non só interesa aos psicanalistas senón tamén a todos aqueles que se preguntan sobre a nosa condición humana.
 
Liña 41:
Queda entón evidente a importancia de Kojéve sobre Lacan, non soamente en relación a Heidegger senón en relación a Hegel. É Kant con Sade un dos textos máis interesantes de Lacan desde o punto de vista non só filosófico senón que tamén aparecen aportes teóricos esenciais por parte deste. Como por exemplo a aparición do campo do desexo, da verdade e da lei, esta lei que nos enfronta coa morte. Ve na concepción sadiana un combate da lei contra o benestar e a preservación de si mesmo. E Kant recusa en oposición aos moralistas clásicos, unha moral que como principio busque a felicidade.
 
== Obra ==
Jacques Lacan escribiu aproximadamente uns cincocentos artigos, procedentes en xeral de conferencias. Lacan escribiu un só libro, a súa tese de medicina de 1932, publicada co título ''De la psychose paranoïaque dans ses rapports avec la personnalité'', na cal relata o caso de Marguerite Anzieu.
 
Os seus outros artigos, así como as súas numerosas intervencións en coloquios ou na ''Ëcole freudienne de París'' (EFP), están dispersos en diversas revistas. Hai dous dicionarios de conceptos lacanianos: un en inglés e outro en castelán. Algúns dos máis fermosos comentarios da obra de Lacan foron escritos por filósofos: [[Louis Althusser]], [[Jacques Derrida]], [[Christian Jambet]], [[Jean-Claude Milner]] e [[Bemard Sichére]].
 
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
* [[Psicanálise]]
 
===Ligazóns Outros artigos externas===
* [http://www.contrasentido.yukei.net/tag/jacques-lacan/ Pensamento de Lacan (en castelán)]
* [[Psicanálise]]
* [http://www.psicomundo.org/lacan/ Biografía (en castelán)]
 
{{ORDENAR:Lacan, Jacques}}
=== Ligazóns externas ===
[[Categoría:Personalidades da filosofía|Lacan, Jacques]]
* [http://www.contrasentido.yukei.net/tag/jacques-lacan/ Pensamento de Lacan (en castelán)]
[[Categoría:Personalidades da psicoloxía|Lacan, Jacques]]
* [http://www.psicomundo.org/lacan/ Biografía (en castelán)]
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía|Lacan, Jacques]]
[[Categoría:Personalidades da psicoloxía|Lacan, Jacques]]
[[Categoría:Nados en 1901]]