Bronquio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
A [[traquea]] humana divídese formando dous grandes bronquios, os '''bonquios primarios''' ou '''principais''' esquerdo e dereito, a nivel do ángulo esternal e da 5ª [[vértebra]] dorsal ou torácica (ou dúas vértebras máis arriba ou abaixo, dependendo do estado de inspiración ou expiración). O bronquio principal dereito é de maior diámetro, máis curto e algo máis vertical ca o esquerdo. <ref name=Brodsky2003>{{cite journal|last=Brodsky|first=JB|last2=Lemmens|first2=JM|title=Left Double-Lumen Tubes: Clinical Experience With 1,170 Patients|journal=Journal of Cardiothoracic and Vascular Anesthesia|volume=17|issue=3|pages=289-98|year=2003|pmid=12827573|pmc=|doi=10.1016/S1053-0770(03)00046-6|url=http://ether.stanford.edu/library/thoracic_anesthesia/One-Lung%20Ventilation/DLT%20Placement.pdf}}</ref>
As sucesivas divisións da árbore bronquial son as seguintes:
* Os bronquios principais entran no pulmón polo hilio pulmonar., Oe bronquio principal dereito subdivídese dentro do pulmónsubdivídense en tres '''bronquios lobulares''' ou '''secundarios''', e o esquerdo en dous , os cales entran nos seus respectivos lóbulos pulmonares (que son tres no pulmón dereito e dous no esquerdo).
* Os bronquios lobulares divídense en '''bronquios terciarios''', tamén chamados '''segmentais''' (''segmentalis'') ou segmentarios, cada un dos cales envía aire a un [[segmento broncopulmonar]]. Un segmento broncopulmonar é unha división dos pulmóns, que está separada do resto do pulmón por un septo de [[tecido conectivo]]. De todos modos, hai tamén algunhas conexións de bronquios e vasos sanguíneos que pasan dun segmento a outro atravesando o septo. A división do pulmón en segmentos fai que un segmento broncopulmonar poida ser retirado [[cirurxía|cirurxicamente]] sen afectar a outros segmentos. Hai dez segmentos en cada pulmón, pero debido ao desenvolvemento anatómico, varios bronquios segmentais se fusionan no pulmón esquerdo, dando lugar a oito.
* Os bronquios segmentais divídense en moitos '''[[bronquíolo]]s''' primarios, que se subdividen varias veces dando bronquíolos terminais (aproximadamente a 7ª xeración de ramificacións da árbore bronquial), que dan lugar a varios bronquíolos respiratorios, que se dividen finalmente en de 2 a 11 [[conduto alveolar|condutos alveolares]]. Hai 5 ou 6 sacos alveolares asociados con cada conduto alveolar. Os [[alvéolo]]s pulmonares son as unidades básicas onde ten lugar o intercambio respiratorio de gases entre o aire e o sangue.