Endoderme: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
==Funcións da endoderme==
 
A endoderme impide que a auga e os solutos disolvidos nela pasen a través da vía apoplástica. A auga pode só pasar a través da endoderme cruzando a membrana das células endodérmicas en dúas ocasións, unha para entrar e outra para saír. O fluxo de auga que se move dentro e fóra do [[xilema]], que forma parte do apoplasto, pode así ser regulado, xa que podedeben entrar no [[simplasto]] na endoderme. Este prmite á planta controlar en certa medida o movemento de auga e a súa captación selectiva ou impedir o paso de auga, ións e outras moléculas.
 
Na endoderme hai unhas células chamadas '''células de paso'''. Estas células endodérmicas das raíces vellas manteñen as súas paredes celulares finas e non suberizadas, polo que permiten o fluxo simplástico cara ao interior. As probas experimentais indican que as células de paso funcionan permitindo a transferencia de solutos como o calcio e o magnesio na estela, para que finalmente chegan ao sistema de transpiración. <ref name="Peterson 1996">{{cite journal | title = Functions of passage cells in the endodennis and exodermis of root | journal = PHYSIOLOGIA. PLANTARUM | volume = 97 | year = 1996 | pages = 592-598 | author1 = Peterson. C. A. | author2 = Enstone, D. E. | url = http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1399-3054.1996.tb00520.x/pdf | doi=10.1111/j.1399-3054.1996.tb00520.x}}</ref> Porén, na maior parte dos casos, as raíces vellas teñen unha endoderme impermeable completa e só serven para conducir a auga e os minerais absorbidos desde as raíces novas de niveis inferiores.