Grimoaldo I de Benevento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Igrexa Católica Romana
Liña 6:
En [[662]], despois do derrocamento dos reis irmáns [[Perctarito]] e [[Godeperto]], convértese en rei dos longobardos, deixando o ducado beneventino ao seu fillo máis vello [[Romualdo I de Benevento|Romualdo]]. Bo xefe militar, o seu reino está marcado por numerosas guerras nas fronteiras. Sae vitorioso varias veces sobre os [[Imperio Bizantino|bizantinos]] dirixidos polo emperador [[Constante II]] en persoa, que cercara Benevento, sobre os [[francos]], aliados co rei Perctarito, en [[Asti]], sobre os [[ávaros]], entre os que vivira como refén na súa xuventude e finalmente sobre as poboacións [[eslavos|eslavas]] do nordeste de [[Italia]], sometendo a nobreza rebelde e os ducados autonomistas como os de [[Spoleto]] e do Friúl. Para someter este último, manda chamar os ávaros para devastar o ducado. Morre de morte natural en [[671]]. A súa morte marca o inicio do poder da nobreza fronte ao poder real.
 
No plano relixioso, parece que Grimoaldo foi un [[Arianismo|ariano]] aínda moi impregnado de [[paganismo]] longobardo, malia a súa unión cunha princesa católica; en todo caso, non se sente moi interesado pola relixión en xeral e é bastante hostil á [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] e ao [[Papado]]. Con todo, está na orixe do culto de [[Miguel (arcanxo)|san Miguel]] entre os longobardos, percibíndoo estes últimos como un santo guerreiro protector do seu pobo. Parece igualmente que san Miguel substituíu probablemente o seu antigo [[deus]] da guerra, [[Wotan]] (ou [[Odín]]).
 
== Os búlgaros de Benevento==