Xunta militar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: pl:Junta (strongly connected to gl:Xunta (homónimos))
mSen resumo de edición
Liña 1:
Unha '''''xuntaXunta militar''''' é un [[goberno]] formado por altos mandos das [[Forzas Armadas]] dun país, normalmente tras a tóma do poder por un ''putsch'' ou [[golpe de Estado]]. A xunta pode estar directamente a cargo das funcións de goberno ou exercer nominalmente un papel consultivo, delegando o cargo político concreto a un dos seus membros ou outro representante.
 
A diferenza das [[ditadura]]s carismáticas, centradas nun líder fortemente personalizado, as xuntas responden polo xeral a situacións de forte inestabilidade política, onde intereses [[ideoloxía|ideolóxicos]] levan aos sectores máis [[conservador]]es a tomar cartas no asunto directamente; a suposta ameaza [[comunismo|comunista]] motivou nominal ou realmente a multitude de xuntas militares nas décadas de [[1950]], [[1960]] e [[1970]], especialmente en [[América Latina]], [[África]] e [[Asia]], aínda que tamén foi común en moitos países europeos.