Iemen: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 61:
Algo maior que España en superficie (527.970 km²) e sito no extremo suroeste da [[Península Arábiga]], e por tanto considerado un país do [[Oriente Próximo]], con todo algúns xeógrafos, como [[Carlos Garijo]], coidan que o Iemen é un país africano, apoiándose tanto na súa posición xeográfica como na súa cultura, mais non é unha opinión xeral.
Fisiográficamente, o país consta de partes diferenciadas que gañan altura desde a costa para logo descender no interior. O litoral constitúe unha faixa estreita, denominado [[Tihamah]]; a continuación, en poucos quilómetros, levántanse unha serie de montañas de altura intermedia e vales, que constitúen a transición ás chamadas terras altas, que ocupan unha anchura maior no oeste do país, en paralelo ao Mar Vermello; neste último territorio sitúase a maior altura do Iemen, o [[Jabal an Nabi Shu'ayb]], de 3.760 m. Nun planalto da zona está localizada a capital iemení, [[Sana]], a máis de 2.200 m. No extremo sur do país, no [[Bab el-Mandeb]], o estreito que comunica o [[Océano
O clima é practicamente [[Clima desértico|desértico]]. Moi cálido é húmido na costa oeste, temperado nas montañas occidentais tamén afectadas polos monzóns; seco e frío nas terras altas. O deserto do centro e leste do país é moi cálido e seco.
|