Pedro Fernández de Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m →‎A granxa de Reparada: quito homónimo
Liña 39:
Pouco se sabe deste cabaleiro, cuxo mandato, de curta duración, non é moi importante. Quizais o feito máis salientable sexa a usurpación da granxa de Reparada (posteriormente [[Covas, Ferrol|Covas]]) que era dominio dos [[Mosteiro de Sobrado|monxes de Sobrado]]. A granxa fundáranna estes monxes con doazóns feitas polo rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] por privilexio dado na [[A Coruña|Coruña]] o 15 de febreiro de [[1158]].
 
A granxa de Reparada incrementou a súa importancia por outro privilexio dado polo rei [[Sancho IV de Castela|Sancho ''el Bravo'']] en [[Lugo]] no ano [[1286]], mediante o cal concedía ao mosterio de Sobrado o [[Décimo (imposto)|décimo]] da [[Balea|baleaxe]] que se matase no porto de Prioiro, pertencente á granxa de Reparada.
 
Como queira que o couto de Reparada lindaba con Ferrol, que era señorío dos [[Casa de Andrade|Andrade]], estes sempre tentaron de ampliar os seus dominios coas propiedades da granxa. O rei [[Xoán I de Castela|Xoán I]] viuse obrigado a exhortar a Pedro Fernández de Andrade para que devolvese aos monxes a propiedade da granxa. Porén, os seus descendentes sempre fixeron intentos de apoderarse da granxa ou, cando menos, da parte mellor: o porto e o monte de Prioiro. Cansos os monxes de loitar cos Andrade, acabarían cedendo o referido porto que os seus descendentes posuían aínda a comezos do [[século XIX]] ata que foron abolidos os dereitos señoriais.