División celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
{{AP|mitose|meiose|fisión binaria}}
*'''Mitose'''. A [[mitose]] é a forma máis común de división, típica das células somáticas do organismo. A célula nai divídese formando dúas células fillas xeneticamente iguais. Os cromosomas duplícanse antes de iniciarse a mitose (na [[interfase]]), polo que están formados por dúas [[cromátida]]s, que se separarán durante a mitose, proporcionando unha dotación xenética completa a cada célula filla. Durante a mitose unha formación constituída por microtúbulos chamada [[fuso acromático]] arrastra as cromátidas aos polos da célula, e despois esta divídese pola metade.
*'''Meiose'''. A [[meiose]] é a forma de división utilizada para a formación de células reprodutoras, tales como gametos, que realizarán a reprodución sexual, e certas esporas (meiosporas). Pero hai casos en que os gametos se producen por mitose, como sucede, por exemplo, nos [[gametófito]]s de [[briófita]]s (carrizas) e [[fento|pteridófita]]s (fentos), que son xa haploides e forman os gametos, tamén haploides, por mitose. A meiose consta de dúas divisións seguidas, 1ª e 2ª división meióticas, que acaban orixinando catro células fillas coa metade de cromosomas ca a célula inicial. Ademais, as células fillas da meiose non son todas iguais entre si nin iguais á célula inicial, porque se produce unha [[recombinación xenética]] entre [[cromosomas homólogos]] durante a 1ª división meiótica. Na meiose tamén actúa o fuso acromático. Xeralmente as células fillas son do mesmo tamaño, pero unha excepción é a ovoxénese na que se forman tres corpúsculos polares de pequenas dimensións e un óvulo, que queda con case todo o citoplasma e é moito maior.
*'''Fisión binaria bacteriana'''. A [[fisión binaria]] é o modo de división típico das [[bacteria]]s. A bacteria duplica o seu ADN, este sepárase, e fórmase unha parede divisoria que orixinará as dúas células fillas, xeneticamente iguais. O mecanismo da fisión binaria é sinxelo e non se forma o [[fuso acromático]] de microtúbulos, típico da mitose e meiose.