Sistema nervioso central: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 70:
* [[Tumor de células xerminais]]: aparecen ao longo da liña media, rexión pineal e supracelar. Alta incidencia en aciáticos. Maiormente en adolescentes e adultos novos, predominio en homes. O xerminoma do SNC é o equivalente ao [[seminoma]]. Diseminación a través do LCR. Tratamento con quimioterapia e radioterapia.
* [[Meninxioma]]s: predominantemente benignos, derivan das células meninxoteliales da [[aracnoide]], con predominio en mulleres con relación 3:2. A localización máis frecuente en convexidades cerebrais, [[duramadre]] que recobre a convexidade lateral, á do [[esfenoide]], suco olfatorio, [[esfenoide|cadeira turca]] e [[foramen magno]]. Na medula espiñal a relación é de 10:1 con predominio en mulleres. Son tumores de crecemento lento con signos de [[hipertensión endocranial]]. Estes tumores expresan a miúdo receptores para a [[proxesterona]], polo que durante o [[embarazo]] tenden a crecer con rapidez. Teñen un factor xenético por deleción do brazo longo do [[cromosoma 22]]. Son masas redondeadas con base na duramadre e de consistencia elástica que poden infiltrar o óso con engrosamento óseo localizado. Os meninxiomas malignos son moi infrecuentes e poden ser difíciles de identificar.
* [[Schwannoma]], como o indica o seu nome, derivan das [[célula de Schwann|células de Schwann]], aparecendo como lesións encapsuladas, ben delimitadas formadas por células alargadas con extensións citoplasmáticas en fascículos con moderada a alta celularidade con escasa matriz de [[estroma (tecidos)|estroma]]. Ocasionalmente poden ser máis densos formando microquistes.
* [[Neurofibromas]], aparecen de forma esporádica, poden ser solitarios ou múltiples formando lesións cutáneas en forma de nódulos, ás veces hiperpigmentadas.
* Tumor maligno da vaina dos nervios periféricos, polo xeral xorden dunha transformación dun neurofibroma chamado plexiforme, adoitan ser sarcomas altamente malignos que recidivan e metastatizan. Trátanse con extirpación cirúrxica e radioterapia. A maior tamaño da lesión, peor tende a ser o prognóstico.