Manuel Beiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 9:
 
===Tras a ditadura===
Tralo fin da ditadura franquista, foi concelleiro no concello de Santiago de Compostela en 1979 polas listas da coalición [[Unidade Galega (coalición)|Unidade Galega]], e un dos responsábeis da refundación de Partido Galeguista en [[1978]]. En 1985, ante a decisión da maioría dos militantes de disolver o partido e integrarse en [[Coalición Galega]], participa nunha nova refundación do partido (V Congreso), formando parte da executiva do partido. Nas eleccións autonómicas galegas de 1989 foi número dous nas listas do [[Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista]] (PNG-PG) pola Coruña, sen obter acta de diputado.
 
Traduceu ao galego "Os contos de Grimm" e "Platero e eu". Obtuvo a [[Medalla Castelao]] en 1987, a Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán de Santiago de Compostela en 1991 e foi nomeado [[Galego do Ano]] pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995.