A Bandeira, Manduas, Silleda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 15:
Tamén cabe destacar que nesta Vila existen dous grupos de baile, Xirandola e Fortín da Pomba, unha Banda de Música, Recreativa e Cultural de Bandeira, varias Asociacións: Asociación Cultural Vista Alegre, Sociedad Deportiva, Amigos da Empanada, Xenerais do Antroido, ANPA Brincadeira, Asociación de Veciños, Club Petanca.
 
A Bandeira é famosa pola súa feira celebrada os días 14 e 29 de cada mes que antigamente atraía a xente de toda a comarca do Deza e das parroquias veciñas do Concello da Estrada. Nas últimas décadas tamén pola [[Festa da empanada deda Bandeira|Festa da Empanada]] que se celebra no terceiro fin de semana do mes de agosto. O seu [[Entroido]] co seu Alto dos Xenerais constitúese como a tradición entroideira máis antiga do concello de Silleda xunto cos da zona de [[Lamela, Silleda|Lamela]] e [[Dornelas, Silleda|Dornelas]].
 
O '''Centro Cultural Vista Alegre''' é un dos edificios máis emblemáticos da Bandeira. Construído por emigrantes de Bos Aires con ideas ilustradas, comezou sendo unha escola e biblioteca. Hoxe, ademais de contar coa biblioteca -reinaugurada en democracia despois da queima dos fondos en 1936 polos fascistas-, constitúe o local social dun amplo abano de diversas asociacións que desempeñan nel unha boa parte das súas actividades.