Pedro, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Liña 37:
== Morte ==
[[Ficheiro:Caravaggio-Crucifixion of Peter.jpg|thumb|left|Crucifixión de Pedro, obra de [[Caravaggio]].]]
A tradición narra que Pedro acabou os seus días en [[Roma]], onde foi [[bispo]], que alí morreu martirizado baixo o mandato de [[Nerón]] no [[Circo Vaticano]], e que foi sepultado a pouca distancia do lugar do seu [[martirio]] no ano [[258]]<ref>Donald Attwater. A Dictionay of the Popes. The Catholic Book Club, [[Londres]], 1939.</ref> onde a principios do [[século IV]] o emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]] mandou construír a gran basílica [[Vaticano|vaticana]]. Un texto da [[Primeira epístola de San Pedro]] que envía saúdos dende "a Igrexa que está en [[Babilonia]]"<ref>Novo Testamento. 1Pedro 5:13</ref> interpretouse tamén moitas veces en sentido figurado, como sinal de que Pedro escribía dende [[Roma]]. En todo caso, é concluínte a evidencia de que, cando Paulo escribiu a súa [[Epístola aos romanos]], Pedro non se atopaba na cidade. O primeiro que menciona a Pedro como bispo de Roma é [[Ireneo de Lión]], xa no [[século II]].
 
[[Clemente Romano]], na súa carta aos [[corintios]], data a súa morte na época das persecucións de [[Nerón]]. O evanxeo de Xoán di que Pedro foi crucificado boca abaixo. [[Pedro de Alexandría]], que foi bispo desa cidade e faleceu en torno a [[311]], escribiu un tratado chamado ''Penitencia'' onde di: "Pedro, o primeiro dos apóstolos, sendo apresado a miúdo e encerrado en cadea e tratado con ignominia, foi finalmente crucificado en Roma". [[Oríxenes]] no seu ''Comentario ao libro da Xénese'' III, citado por [[Eusebio de Cesarea]], di que Pedro pediu ser crucificado cabeza abaixo por non considerarse digno de morrer do mesmo xeito que [[Xesús]]. O mesmo relata [[Xerome de Estridón]] na súa obra ''Vidas de homes ilustres''. [[Flavio Xosefo]] relata que a práctica de crucificar criminais en posicións distintas era común entre os soldados.