Lidia Senra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Estudou o bacharelato en [[Monforte de Lemos|Monforte]], e despois comezou a colaborar cos Comités de Axuda á Loita Labrega a mediados dos anos setenta. En 1984, durante o segundo congreso de Comisións Labregas, foi elixida responsable de organización e finanzas. Cinco anos máis tarde, en 1989, accede á secretaría xeral do [[Sindicato Labrego Galego]] durante o transcurso do terceiro congreso.
 
Lidia Senra participou en diversos encontros internacionais representando a ''Vía Campesina'', movemento labrego mundial que agrupa organizacións de América, Asia, África e Europa. Ademais, interviu activamente nos tres foros sociais europeos celebrados en Florencia, París e Londres.