Nine Inch Nails: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-influíntes +influentes)
Liña 15:
'''Nine Inch Nails''' (abreviado como '''NIN''' e escrito como '''NIИ''') é unha banda de [[rock industrial]] estadounidense formada en [[Cleveland]], [[Ohio]] en [[1988]] por [[Trent Reznor]], que é o único membro permanente do grupo, e que fai as funcións de produtor, vocalista, compositor e instrumentista. A música de NIN abarca unha ampla gama de xéneros, conservando ao mesmo tempo un característico son utilizando instrumentos e procesadores electrónicos. Despois de gravar cada novo álbum, Reznor monta unha banda de directo para actuar con ela. No escenario, NIN adoita empregar espectaculares elementos visuais para acompañar a actuación, que frecuentemente remata cos músicos escachizando os seus instrumentos.
 
O público do ''underground'' recibiu calorosamente a música de Nine Inch Nails nos seus primeiros anos. Na década dos 90 a banda realizou varios influentes traballos que acadaron un certo grao de popularidade no público máis xeral, e moitos temas da banda convertéronse nun éxito nas radios. Dous dos seus discos recibiron premios [[Grammy]], chegando a vender uns 20 millóns de discos en todo o mundo, 10'5 deles só nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]<ref>[http://www.riaa.com/goldandplatinumdata.php?resultpage=3&table=tblTopArt&action= Artistas con máis vendas nos Estados Unidos]</ref>. No ano [[1997]] Reznor apareceu na lista das persoas máis influentes do ano da revista ''Time''<ref>[http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,986206-18,00.html 25 estadounidenses máis influíntesinfluentes de 1997 da revista ''Time''] </ref>, e a revista ''Spin'' describiuno como "o artista máis vital na música". No [[2004]], a ''[[Rolling Stone]]'' colocou a Nine Inch Nails no número 94 da súa lista de 100 mellores artistas de todos os tempos. A pesar destes feitos, a banda tivo varios enfrontamentos coa parte corporativa da industria discográfica. No ano [[2007]] estes conflitos remataron co anuncio de Reznor de que Nine Inch Nails rompería co seu selo, Interscope Records, e editaría os seus futuros lanzamentos independentemente<ref>[http://www.billboard.com/search/?keyword=nine+inch+nails&x=0&y=0#/news/nine-inch-nails-celebrates-free-agent-status-1003655498.story Nine Inch Nails rompe o seu comtrato con Interscope, Billboard.com]</ref>.
 
Dende [[1989]], Nine Inch Nails leva editados oito álbums de estudio. Os dous máis recentes, ''[[Ghosts I–IV]]'' e ''[[The Slip]]'', ambos os dous aparecidos no [[2008]], foron editados baixo licenzas [[Creative Commons]]. Os dous foron lanzados dixitalmente, aparecendo as súas edicións físicas posteriormente. A edición dixital de ''[[The Slip]]'' estivo dispoñible de xeito totalmente gratuíto. NIN estivo nomeada doce veces aos [[Grammy]] e gañouno dúas veces, para os temas "[[Wish]]" e "[[Happiness in Slavery]]", nos anos [[1992]] e [[1995]] respectivamente<ref>[http://www.grammy.com/nominees/search?artist=&title=&year=1992&genre=31 Grammys da categoría de rock de 1992]</ref><ref>[http://www.grammy.com/nominees/search?artist=&title=&year=1995&genre=31 Grammys da categoría de rock de 1995]</ref>.