Nós (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Xas (conversa | contribucións)
+ cat e elimino homónimos
Liña 15:
Dous eran os ámbitos que trataba: por unha banda o descubrimento da identidade galega, introducindo liñas de investigación novas e contribuíndo á modernización metodolóxica, que afectou fundamentalmente á arqueoloxía, á etnografía, á historia e o pensamento; por outra a presentación das ideas novas que aparecían en Europa. Para tal fin, exploráronse as culturas europeas que se consideraban máis próximas da galega, como a irlandesa ([[Irlanda]] estaba constituíndose en estado independente naquela altura) e a portuguesa (en [[Portugal]] florecía a [[lingua galega]]).
 
Con todo, houbo unha enorme presenza doutras culturas, sobre todo centroeuropeas en consonancia cos gustos de Risco e cos epicentros culturais predominantes daquela. Na gráfica pode verse un mapa onde se representan as frecuencias nos artigos de temáticas relacionadas con cada rexión europea (daquela época). As zonas con máis presenza son [[Galicia]] e [[Portugal]]<ref>McKevitt, Kerry Ann. [http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=2944732&orden=0 “Os nosos irmáns: intercambios literarios entre a Xeración Nós e as Irmandades da Fala coas literaturas peninsulares (1918-1936)”]. Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. "Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península". [[Barcelona]]. [[28 de maio|28]] ó [[31 de maio]] de [[2003]]. Ed. de [[Helena González]] e [[M. Xesús Lama]]. [[Sada]]: [[Ediciós do Castro]] / [[Asociación Internacional de Estudos Galegos]] (AIEG) / Filoloxía Galega ([[Universitat de Barcelona]]), [[2007]]. ISBN 978-84-8485-266-7.</ref> seguidas de [[Hispanoamérica]] (representada cun "H"), [[Francia]] e [[Alemaña]]. Logo si xa veñen culturas de rexións cunha situación sociopolítica máis semellante á galega: [[Bretaña]], [[Cataluña]], [[Comunidade Valenciana|Valencia]] e [[Inglaterra]].<br>
 
Entre as novidades que a revista Nós achegou á cultura galega están as tradución s de autores contemporáneos, como a tradución de anacos do ''Ulysses'' de [[James Joyce]] que fixo Otero Pedrayo, clásicos como partes de ''De quod nihil scitur'' de [[Francisco Sánchez]], medievais como ''De correctione rusticorum'' de San [[Martiño de Braga]] ou antigos como o comezo da ''Oda marítima'' de [[Rufo Festo Avieno]].
Liña 23:
En xuño de 1920 celebrouse unha xuntanza en Pontevedra á que acudiron [[Vicente Risco]], [[Castelao]], [[Ramón Cabanillas]] e [[Antón Losada Diéguez]] para discutir a creación dunha revista monolingüe sobre a cultura galega, que deciden chamar ''Nós'' a proposta de Castelao, decidiron tamén o lugar de impresión, a imprenta de ''La Región'' en [[Ourense]] e o director literario, Risco, e artístico, Castelao. Posteriormente encargáronlle a [[Arturo Noguerol]] o financiamento, para o que constituíu unha sociedade mercantil.
 
En 1923 pasou a se imprimir en [[Pontevedra]] ata que despois do número 18 a [[ditadura de [[Primo de Rivera]] suspendeu a publicación.
 
O [[25 de xuño]] de [[1925]] aparece de novo por iniciativa de [[Ánxel Casal]] na Coruña e coa colaboración de membros do [[Seminario de Estudos Galegos]], ademais de colaboradores da primeira época. A partir do número 88 imprentouse en Santiago. O último número (139-144) saíu do prelo pouco antes da sublevación militar de 1936 e non se chegou a distribuír, tan só dous exemplares sobreviviron á queima da imprenta de Ánxel Casal polos sublevados.
Liña 67:
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
* [http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/ga.03110000.html?TCWJEnLePI Portada para ''Nós'' deseñada por Castelao].
* [https://sites.google.com/site/revistagaleganos/home/ Exemplares da revista] en [[pdf]].
 
{{DEFAULTSORT:Nos}}
[[Categoría:Revistas editadas en Galicia]]
[[Categoría:Literatura]]