Omaha, Nebrasca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 5:
| bandeira =
| situación = [[Ficheiro:Douglas County Nebraska Incorporated and Unincorporated areas Omaha Highlighted.svg|225px]]
| país = [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] {{USAb}}
| estado = [[Nebraska]]
| condado = [[condado de Douglas|Douglas]]
Liña 16:
| sitio web = http://www.cityofomaha.org/
}}
'''Omaha''' é a cidade máis grande do estado de [[Nebraska]], nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], e é a capital do [[condado de Douglas]]. Está situada no medio oeste do país á beira do [[río Missouri]], a uns 30 quilómetros ao norte da desembocadura do [[río Platte]]. Omaha é o centro da área metropolitana Omaha-Council Bluffs, que inclue a [[Council Bluffs, Iowa|Council Bluffs]], no estado de [[Iowa]], situada no outro lado do río Missouri.
 
Segundo o censo do [[2010]], a poboación de Omaha era de 408.958 habitantes, facéndoa a 40 máis grande dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Cos seus suburbios, Omaha formaba a 60 área metropolitana máis grande do país no [[2010]], cunha poboación de 865.350 habitantes que vivían en oito condados. Hai máis de 1,2 millóns de residentes nun radio de 80 quilómetros dende o centro da cidade, formando a área Greater Omaha.
 
Omaha foi fundada en [[1854]] por especuladores da veciña [[Council Bluffs, Iowa|Council Bluffs]] ao longo do [[río Missouri]]. Durante o [[século XIX]], a localización de Omaha no centro dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] fixo que a cidade se convertese nun importante centro de transporte. Ao longo do resto do século, os sectores do transporte e do comercio foron moi importantes na cidade, xunto cos seus ferrocarrís e as súas fábricas de cervexa. No [[século XX]], os matadoiros de Omaha, uns dos máis grandes do mundo, e as súas plantas empacadoras de carne, gañaron moita importancia a nivel internacional.
 
Hoxe en día, Omaha é a sede de cinco compañías que se atopan na lista Fortune 500: ConAgra Foods, Union Pacific Corporation, Mutual of Omaha, Peter Kiewit and Sons, Inc., e Berkshire Hathaway. Berkshire Hathaway está encabezada polo inversor local Warren Buffett, que foi a persoa máis rica do mundo na primeira metade do ano [[2008]]. Tamés é a sede de catro empresas Fortune 1000: TD Ameritrade, West Corporation, Valmont Industries, e Werner Enterprises. O First National Bank of Omaha é o maior banco de capital privado dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. As oficinas centrais de Leo A Daly for Leo A Daly, HDR, Inc. e DLR Group, tres das 30 principais firmas de arquitectura e enxeñería do país están localizadas en Omaha.
 
A economía moderna de Omaha é variada e constrúese sobre empregos especializados. O turismo na cidade aporta moitos beneficios á súa economía, aportando o torneo anual de [[béisbol]] [[College World Series]] importantes ingresos e sendo o [[Henry Doorly Zoo]] da cidade a principal atración de [[Nebraska]]. Omaha acolleu as probas de natación para as Olimpíadas en [[2008]] e fará o mesmo en [[2012]].