Operación Torch: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 1:
A '''Operación Torch''' foi a invasión angloamericana da [[África do Norte]] francesa durante a [[Segunda Guerra Mundial]] que se realizou o [[8 de novembro]] de [[1942]].
 
A [[Unión Soviética]] viña presionando ós [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e a [[Gran Bretaña]] para comezar as operacións en Europa e abrir unha segunda fronte para reducir a presión do exército alemán sobre as tropas soviéticas. Mentres os xenerais nortemaricanos favorecían a [[Operación Sledgehammer]], un desembarco na [[Europa]] ocupada o máis axiña posible, os británicos crían que iso podería conducir ó desastre. Entrementres propúxose un ataque á África do norte francesa, o que lle daría o control naval do [[Mediterráneo]] os aliados e prepararía a invasión do sur de Europa que se efectou [[1943]].
[[Ficheiro:Operation Torch - map.jpg|thumb|300px|Mapa da Operación Torch.]]
A decisión do desembarco tomouse finalmente o [[24 de xullo]] de 1942, elixiuse o nome clave Torch (Facho) e [[Dwight Eisenhower]] foi nomeado o 14 de agosto comandante en xefe da opeación. Para a posibilidade que [[España]] entrase en guerra do lado de [[Alemaña]] ou as tropas alemás entrasen en España estaba previsto o Plan Backbone que suporía a ocupación do protectorado español de Marrocos. Os aliados lanzaron unha campaña de desinformación para que o Eixe pensara que a invasión ía ser sobre [[Dacar]].