Pregnenolona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 28:
A pregnenolona metabolízase orixinando varias hormonas nalgunha das seguintes tres maneiras:
 
* A pregnenolona pode ser convertida en [[proxesterona]]. A reacción está catalizada polo encima [[3beta-hidroxiesteroide deshidroxenase]] ou [[delta 4-5 isomerase]]. O encima transfire o dobre enlace do C5 ao C4 no anel A. A proxesterona é a entrada á vía delta-4, dando lugar á produción da [[17-hidroxiproxesterona]] e [[androstenediona]], precursores da [[testosterona]] e [[estrona]]. A [[aldosterona]] e os [[corticosteroides]] tamén son derivados da proxesterona e os seus derivados.
 
* A pregnenolona pode ser convertida en [[17-hidroxipregnenolona]] polo encima 17α-hidroxilase ([[CYP17A1]]). Usando esta vía, chamada vía delta-5, o seguinte paso é a conversión en [[deshidroepiandrosterona]] (DHEA) utilizando unha [[desmolase]]. A DHEA é o precursor da [[androstenediona]].