Diasistema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
En [[lingüística]], no eido da [[dialectoloxía estrutural]], un '''diasistema''' é un conxunto de variedades lingüísticas moi próximas que comparten un gran número de estruturas comúns agrupadas dentro dun gran sistema lingüístico unitario. Dito doutro xeito, un diasistema componse de dialectos que polas súas características estruturais compartidas e a súa intercomprensibilidade tenden a formar unha soa [[lingua]] común, diferente das linguas veciñas: o diasistema é entón unha noción equivalente á de ''lingua por distancia'' (ou [[lingua Abstand]]).
 
== Características ==
Porén, no seo dun diasistema, ocorre que certas variantes sofren unha evolución histórica e cultural independente, que as fai ser percibidas como linguas separadas do resto do diasistema: fálase entón de ''lingua por elaboración'' (ou [[lingua Ausbau]]). As diferentes linguas por elaboración, aquelas que teñen un tronco común, están a pesar de todo moi próximas unha das outras.
Estas posibles diferenzas entre linguas inclúen diferenzas de vocabulario, coma o [[lingua catalá|catalán]] afectado polo [[lingua castelá|castelán]] e o [[lingua occitana|occitano]] polo [[lingua francesa|francés]], e normas ortográficas, tal e coma o [[hindi]] escrito no [[alfabeto devanagari]] e o [[urdu]] escrito no [[alfabeto árabe]], a pesar de seren mutuamente intelixibles.
Liña 8 ⟶ 9:
As linguas por elaboración forman unha única lingua xenética con dous ou máis estándares.
 
== Casos ==
Exemplos de diasistemas compostos de varias linguas por elaboración:
 
'''=== Diasistema occitano-romance.''' ===
 
*Exemplo de texto en [[Lingua occitana|occitano]] (variante lengadociana):
Liña 24 ⟶ 26:
''La mitologia és l'estudi dels mites, designa el conjunt dels relats mítics lligats a una civilització, una religió o un tema particular. La mitologia pren sentit i activitat dins d'una cultura soci-religiosa. La paraula és generalment utilitzada per a descriure els sistemes religiosos dels antics mons o de les civilitzacions primeres, alineades dins de l'espai o dins del temps.''
 
'''===Diasistema galaico-portugués:''' ===
 
*Exemplo de texto en [[Lingua portuguesa|portugués]]:
Liña 35 ⟶ 37:
 
===Algúns outros exemplos de linguas por elaboración===
 
*O [[corso]] e o [[Lingua italiana|italiano]] logo de 1850 (diasistema italiano)
*O [[hindi]] e o [[urdu]] (diasistema hindoustaní)